lunes, 1 de junio de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA  AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.

UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA),  XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.

O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:


SÓ NOS QUEDA AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS E A COLABORACIÓN DESINTERESADA DE MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES E DEMÁIS PERSONALIDADES DO MUNDO DA CULTURA QUE ANIMASTES A PARTICIPAR AOS NENOS E NENAS DOS DIFERENTES COLEXIOS DA CIDADE.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

viernes, 29 de mayo de 2020

MOITAS GRACIAS A TODAS E TODOS!!!

O BLOG CHEGA AO SEU FIN, ESPERAMOS VERVOS PRONTO E QUE TEÑADES UN VERÁN FANTÁSTICO.

GOZAMOS MOITÍSIMO CAS VOSAS RESPOSTAS AOS RETOS E CA VOSA ALEGRÍA DURANTE A CORENTENA, SODES XENIAIS! 

DEIXAMOS UN VÍDEO DE AGRADECEMENTO QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 

MOITÍSIMOS BICOS E ABRAZOS A TODAS E TODOS!!!

 

VIDEOCHAMADAS DE DESPEDIDA

ENTRE ONTE E HOXE DESPEDIMOS O BLOG CUNHAS VIDEOCHAMADAS, ONTE DE POE E HOXE DE PATINAXE. DE NOVO, MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR. SEMPRE NOS FAI ILUSIÓN VERVOS E MÁIS DESPOIS DE TANTO TEMPO. MOITOS BICOS E ABRAZOS PARA TODAS E TODOS!


CAMPACOLES

Imaxe da campaña

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se a topa o noso colexio JUAN FERNÁNDEZ LATORRE.
PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.

CAMPACOLE
TRÍPTICO CON CILIA NO COLE

SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO 

A LÚA

Datos curiosos sobre a lúa

Nesta lista de datos curiosos sobre a Lúa que quizais non sabías aprenderás cousas interesantes do noso satélite natural:


- Unha persoa que pesa 45 quilos na terra pesaría 8,05 quilos na lúa.

- A Lúa vira sobre o seu propio eixo aproximadamente o mesmo tempo que dá a volta á Terra (27 días). Isto significa que desde a Terra só vemos ao redor do 60% da súa superficie.

- O lado oposto só o viron os humanos desde a Estación Espacial.

- A Lúa afástase aproximadamente 3.8 cm do noso planeta cada ano. Estímase que continuará facéndoo durante ao redor de 50 mil millóns de anos. Para cando iso suceda, a Lúa tardará ao redor de 47 días en orbitar a Terra en lugar dos 27.3 días actuais.

- A Lúa non ten atmosfera, o que significa que non está protexida dos raios cósmicos, meteoritos e ventos solares, e ten enormes variacións de temperatura. A falta de atmosfera significa que non se pode oír ningún son na lúa, e o ceo sempre aparece negro.

- A superficie chea de cráteres da lúa é o resultado do intenso impacto das rocas espaciais fai millóns de anos. Na lúa ocorren terremotos. A atracción  gravitacional da Terra causa pequenos terremotos a varios quilómetros da superficie, causando rupturas e gretas. Crese que, do mesmo xeito que a Terra, a Lúa ten un núcleo fundido.

- Necesitaríanse centos de miles de lúas para igualar o brillo do sol.

- Durante unha eclipse lunar, cando a lúa móvese cara á sombra da Terra, a temperatura da superficie pode descender ao redor de 500 graos  F (300 graos  C) en menos de 90 minutos.

Se queres saber máis sobre a Lúa, aquí tedes un video:







RESPOSTAS ÚLTIMO RETO

Temos un vídeo moi gracioso de Valentina como resposta ao último reto que fixemos, moitas gracias por participar no xogo Valentina. E moitas gracias ao resto de participantes, esperamos que teñades un moi bo verán e vernos no cole á volta das vacacións. Bicos e apertas para todas e todos!

 

jueves, 28 de mayo de 2020

ROMPE COS LÍMITES!


Pedro Solís é o director e guionista do curto de animación 'Cordas', unha historia de amizade contada cunha tenrura exquisita na que María coñece ao seu novo compañeiro de clase, Nico, un neno con parálise cerebral, e introdúcelle nos seus xogos a través da imaxinación e o enxeño.

Para crear esta historia, Pedro, navegou nos seus recordos. Xorde dunha parte moi importante da súa vida: a historia dos seus fillos. Cando a súa filla Alejandra tiña 6 anos naceu o seu irmán pequeno, Nicolás. Faltoulle osíxeno ao nacer, porque houbo un problema no parto, e naceu cunha parálise cerebral severa. Pero a Alejandra, no canto de apartarse del, como lles pode ocorrer a moitos irmáns, esforzouse en adaptar os seus xogos e buscar multiples alternativas para que o seu irmán poidera xogar con ela.

E ben certo que os límites só están na nosa mente e somos nós os únicos que podemos rompelos vendo en vez de problemas, novas oportunidades de reinventarnos.