viernes, 29 de mayo de 2020

CAMPACOLES

Imaxe da campaña

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se a topa o noso colexio JUAN FERNÁNDEZ LATORRE.
PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.

CAMPACOLE
TRÍPTICO CON CILIA NO COLE

SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.