jueves, 28 de mayo de 2020

ROMPE COS LÍMITES!


Pedro Solís é o director e guionista do curto de animación 'Cordas', unha historia de amizade contada cunha tenrura exquisita na que María coñece ao seu novo compañeiro de clase, Nico, un neno con parálise cerebral, e introdúcelle nos seus xogos a través da imaxinación e o enxeño.

Para crear esta historia, Pedro, navegou nos seus recordos. Xorde dunha parte moi importante da súa vida: a historia dos seus fillos. Cando a súa filla Alejandra tiña 6 anos naceu o seu irmán pequeno, Nicolás. Faltoulle osíxeno ao nacer, porque houbo un problema no parto, e naceu cunha parálise cerebral severa. Pero a Alejandra, no canto de apartarse del, como lles pode ocorrer a moitos irmáns, esforzouse en adaptar os seus xogos e buscar multiples alternativas para que o seu irmán poidera xogar con ela.

E ben certo que os límites só están na nosa mente e somos nós os únicos que podemos rompelos vendo en vez de problemas, novas oportunidades de reinventarnos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.