martes, 31 de marzo de 2020

COMPARTINDO!

Hoxe traemos unha proposta que cremos que vos pode resultar interesante. Dende a Editorial Galaxia propoñen un concurso de debuxo para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. Ademais de pasar un bo rato debuxando e ter a posibilidade de compartilo con moita xente, podedes gañar un lote de libros ;)

Aquí podedes atopar as bases do concurso:  http://editorialgalaxia.gal/concurso-para-cativada/




lunes, 30 de marzo de 2020

RETO !

RETO 4: 30 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "CONCURSO DE RAS"

Bo comezo de semana a todas e todos!

Hoxe traemos un concurso de ras, cunha manualidade de papiroflexia moi sinxela e que pode dar paso a diferentes xogos na casa, dende carreiras ata concursos de brincos e pinchacarneiros.

Deixo aquí un vídeo titorial onde podedes seguir os pasos, é moi fácil de seguir, é co que aprendín a facer as ras hai anos. Recordade decoralas como máis vos guste, a min, cando dispoño de materiais, gústame pintar primeiro o folio de moitas cores, facela ra e, unha vez rematadas, poñerlle ollos e todo o que se me ocorra.


Cando as teñades listas xa podedes comezar a xogar con elas. Nós queremos que mandedes vídeos facendo brincos e pinchacarneiros con elas!

Eu fixen a miña e ollo como brinca! 


PD. Gustaríanos saber se dispoñedes de colorantes alimenticios nas vosas casas para a proposta de futuros retos, dicídenolo nos correos das respostas ao reto, grazas!

PROBA CORPO EN FORMA


Para comezar a semana, realizaremos uns exercicios básicos coa axuda dun rolo de papel hixiénico.

1º Exercicio - Sentar e levantarse do sofá, hai que repetilo 10 veces.
2º Exercicio - Estando de pé hai que deitarse no chan boca abaixo, poñerse de pé de novo e dar un salto, hai que repetilo 10 veces.

Agora collemos o rolo de papel.

3º Exercicio - Rolo de papel na man e facer círculos na túa cintura, pasándoo de man a man por diante e por detrás. 10 veces cara ao lado dereito e 10 veces cara ao lado esquerdo.
4º Exercicio - Rolo de papel na man e agora toca facer un oito, pasando o rolo de papel entre as pernas. 10 veces cara ao lado dereito e 10 veces cara ao lado esquerdo.
5º Exercicio - Tentar que o rolo de papel non toque o chan durante 20 segundos. Hai que golpear o rolo de papel coa man ou con calquera parte do corpo para que non toque o chan.

Reto - Para os máis atrevidos, facer o reto de darlle 10 toques co pé ao rolo de papel.


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

CLASIFICACIÓN

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na sua consecución.
Despois desta primeira semana recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus".
A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante.



domingo, 29 de marzo de 2020

RESPOSTAS RETO 3

Traémosvos algunhas das respostas ao reto 3, coma sempre agradecer a vosa participación e animarvos a seguir conseguindo antivirus para o noso cole, estádelo facendo moi ben, parabéns!


Queremos facer mención especial para Ian, Irene e Penélope, que participaron en todos os retos, e recalcar que propuxemos 4 instrumentos diferentes para elaborar en función dos materiais dispoñibles na casa, pois o moi crack de Ian fixo os 4! Cremos que iso merece uns puntiños extra, así como saír coas vosas mascotas e familiares. Tamén vos deixamos os vídeos que nos envían Guille e Valentina! Moitas grazas por participar e por conseguir tantos puntos para o noso cole :)



XOGA CON NÓS!!!

Anímate a participar con nos no xogo  que propoñemos no blog, envíanos os teus retos. 
Xuntos podemos converter estes tempos difíciles en momentos divertidos e compartilos.
Mándovos unha forte aperta e un gran sorriso.




viernes, 27 de marzo de 2020

RETO !

RETO 3: 27 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Instrumentos musicais"

Para facer máis animado os aplausos aos nosos sanitarios que están a traballar día a día para deter este virus. Nós darémoslle máis “Xaque ao Virus” axudando con varios instrumentos caseiros. Deixamos aquí uns exemplos para que escollades o que máis vos guste, aínda que este reto está máis aberto se cabe á vosa imaxinación, podedes enviarnos fotos e vídeos co instrumento que queirades ou poidades elaborar sempre en función dos materiais cos que contedes nas vosas casas. Veña, ánimo, imos darlle un toque distinto ao homenaxe!

O primeiro instrumento son unhas MARACAS.

                                            

Materiais:
Legumes: arroz, lentellas, garavanzos, etc... hai que elixir un.
Dous vasos de plástico ou de iogures.
Cinta illante ou algo que suxeite ben.

Pasos a seguir:
1)  Colle un dos vasos e enchelo cun puñado dun legume.
2)  Coloca o outro vaso encima, facendo que se peche.
3)  Xa colocado os vasos, únelos coa cinta illante.

E xa poderás axitalo e empezar a acabar co virus.

Logo para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.

O segundo instrumento son unhas CASTAÑOLAS.


Materiais:
Cartón
2 chapas de botella

Pasos a seguir:
1)  Colle o cartón, non fai falta que sexa moi grande, corta un anaco tan longo como a distancia entre o teu dedo polgar e o índice.
2)  Dobra o cartón pola metade.
3)  Pega as chapas no mesmo lado do cartón e nos extremos.

E agora coloca o cartón entre os dedos e verás como logras un son como o das castañolas.

Logo para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.

O terceiro instrumento é unha FRAUTA DE PAN.


Materiais:
Entre 8 e 12 “palliñas”.
Cinta illante o algo que suxeite ben.

Pasos a seguir:
1)  Corta as “palliñas” de diferentes tamaños, de 2 cm a 6 cm.
2)  Lembra que hai que facer pares, ósea 2 palliñas de igual tamaño.
3)  Xuntas as “palliñas” por parellas, do mesmo tamaño, coa cinta illante.
4)  E agora que xa temos as parellas unidas, unimos todas as palliñas xuntas e en orde de menos a máis longa. Tal e como vén na imaxe de arriba.

O cuarto instrumento é un TAMBOR.



Materiais:
Bote metálico ou de plástico sen tapa (por exemplo, de cacao en po ou de deterxente).
Un globo.
Unha goma elástica.

Pasos a seguir:
1)  Pódese decorar os botes antes de empezar a fabricar o tambor.
2)  Cortamos o extremo do globo, por onde se sopra ao inchalo.
3)  Colócase o globo no bote, por onde iría a tapa.
4)  Suxeitámolo coa goma elástica.

E como baqueta, pódense utilizar as mans ou calquera pau que sirva para golpear.


PROBA CORPO EN FORMA: "Bachatea"

Sempre se escoitou iso de que o baile é a mellor menciña para curar os males. Axuda a combater o estrés, sube o ánimo, mantennos en forma, fomenta a nosa creatividade, memoria, ritmo... En fin, MIL COUSAS!! Por esa mesma razón, que mellor que o reto de hoxe consista en aprender a bailar un pouco de bachata.

Antes de nada... Sabedes o que é a bachata? Por se acaso non, a bachata é un estilo de baile latino orixinario da República Dominicana e báilase ao ritmo do xénero musical que leva o seu mesmo nome.

Agora que xa sabemos máis ou menos de que se trata... mans a obra!! Ou... mellor dito... PÉS A OBRA!! Isto é porque debemos de concentrar, en todo momento, os nosos movementos de cadeira para abaixo. IMOS ALÓ!! (Axúdate da explicación escrita e, para entendelo mellor, mira os vídeos).

Paso 1: este é o paso básico da bachata. Caracterízase por ter 4 tempos, é dicir, 4 pasos (4 pasos desprazándonos ao lado dereito e 4 pasos desprazándonos ao lado esquerdo). Farémolo deste xeito:

- Para desprazarnos a dereita: empezamos abrindo co pé dereito, volvemos a cerrar co esquerdo, volvemos a abrir co dereito e, desta vez, cando cerramos co esquerdo poñemos este de puntillas para marcar unha pausa breve antes de seguir co seguinte paso.
- Para desprazarnos a esquerda: pois facemos o mesmo pero ao revés. Empezamos abrindo co pé esquerdo, volvemos a cerrar co dereito, volvemos a abrir co esquerdo e, esta vez, cando cerramos co dereito poñemos este de puntillas para marcar a pausa.


Paso 2: é igual que o paso básico pero, en vez de desprazarnos de esquerda a dereita e viceversa, esta vez, farémolo movéndonos cara adiante e cara atrás.


Paso 3: é igual que o paso básico pero cruzando unha perna por detrás da outra ou por diante. Exemplo: abro con dereita, cruzo coa esquerda por detrás da dereita, volvo a abrir coa dereita e, por último, finalizo cerrando con esquerda de puntillas para marcar a pausa. Se queremos cruzar por diante faríase co mesmo procedemento pero empezando co outro pé.


Paso 4: vamos a facer un xiro sobre o paso base. É dicir, abrimos co pé dereito apuntando ao lado dereito, pasamos a perna esquerda dando medio xiro que nos deixa colocados de costas, volvemos a poñernos de cara desprazando a dereita e cerramos coa esquerda marcando a pausa. O mesmo sería cara o lado esquerdo empezando co pé esquerdo.


Unha vez que xa conseguistes dominar os pasos despois de practicalos varias veces, intentade combinalos e crear unha breve coreografía. ÁNIMO!! A MOVER O ESQUELETO!!

Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para gozar todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

RESPOSTAS AO RETO 2!

Queremos agradecer moito a vosa participación e as vosas respostas. Tamén queremos pedir que animedes aos demais compis do cole, necesitamos conseguir moitísimos puntos, gústanos ver que estades activos nas vosas casas e que o levades con alegría e humor, como o noso compañeiro Ian, do cal vos deixamos as súas respostas ao reto 2 en forma de vídeo e con moito arte.

Seguide así Ian e María!


Tamén vos deixamos unha foto que nos mandan Irene e Penélope coas instrucións de hixiene que fixeron, son unhas artistas, verdade?



 MOITAS GRAZAS E APERTAS PARA TOD@S!!

jueves, 26 de marzo de 2020

COMPARTINDO!

Moi boas tardes!

Ademais de desafíos no blog, queremos compartir con vos curiosidades ou cousas que poidan resultar do interese e agrado de todas e todos.

Consideramos que a música sempre é boa menciña e, por iso, queremos compartir con vós uns vídeos curiosos onde se recrean en liñas algunhas das composicións da música clásica máis fermosas e famosa, tal vez vos sirvan como inspiración para o último reto que vos propuxemos!

Agardamos que vos gusten e tamén agardamos polas vosas respostas aos retos, recordade, cantos máis antivirus mellor!
 




 

miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO !

RETO 2: 25 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Fogar seguro"

Xa que debemos permanecer nas nosas casas para gañar esta loita, convertamos a nosa casa nun lugar totalmente seguro. O MÁIS SEGURO!! Para iso resulta esencial cumprir unha serie de normas sobre hixiene como tod@s sabedes!!

Para telas sempre presentes e nunca esquecernos, animádevos a crear un cartel con todas esas normas para, posteriormente, colgalo na entrada da voso fogar. Pero… atención!! Antes de nada, deberedes de informarvos moi ben de cales son e, para iso, buscaredes en internet, sempre en fontes fiables como pode ser a páxina web da OMS (Organización Mundial da Saúde).

Usade toda a vosa imaxinación e decorádeo como queirades!! Esperamos impacientes por ver as vosas marabillosas creacións!! ÁNIMO!!




PROBA CORPO EN FORMA: "Móvete co teu xoguete"

Hoxe propoñémosche que exercites o teu corpo e o fagas cun dos teus xoguetes.

Colle un  xoguete que non sexa moi grande e que poidas manexar con facilidade: un peluche, un boneco, unha pelota, etc….. E damos comezo ao reto:

  • Exercicio 1: De pé cos brazos estirados cara a diante collendo o teu  xoguete coas mans, da un paso cara a  diante cun dos teus pes e  dobra os xeonllos mentres  colles o  xoguete cunha das mans e abres os brazos cara a atrás, volve a  posición do principio e fai  o mesmo co outro pé cambiando de man o xoguete, repíteo 10 veces.
  • Exercicio 2: De pé coas  pernas un pouco separadas e os brazos abertos a os lados collendo o xoguete cunha  das túas mans, sube o pé e  o brazo no que tés o xoguete, cambia o xoguete de man e repite o mesmo subindo agora o outro pé e a outra man, repíteo 10 veces.
  • Exercicio 3: Colle o teu xoguete con ambas mans cara a diante e da pequenos saltiños dun pé a outro subindo o xeonllo ata  tocalo  xoguete, repíteo 10 veces.
  • Exercicio 4: De pé cos pes xuntos e os brazos estirados aos lados collendo o xoguete cunha man, dobra os xeonllos ata agocharte e rodea os xeonllos cos brazos e sube de novo abrindo os brazos aos lados.

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

martes, 24 de marzo de 2020

PRIMEIRAS RESPOSTAS!

Xa temos as primeiras respostas ao RETO 1 do noso xogo "Xaque ao virus"!!

Iremos subindo algunhas das respostas que nos mandedes antes de publicalo seguinte reto, tanto as imaxes como os vídeos, neste primeiro reto imos subir todo o que recibimos, pero, a medida que avance o xogo, esperamos que nos enviedes moitísimas respostas, co cal teremos que facer selección, e imos valorar moito a alegría e a orixinalidade, nunca está de máis facer exercicio cun bonito disfrace.

Fainos moitísima ilusión que participedes no xogo e queremos agradecer o voso esforzo por superalo reto e conseguir unha morea de antivirus para seguir ca nosa loita, pero queremos que sexan máis así que non dubidedes en animar aos demais compis de colexio. Esperamos as vosas respostas aos seguintes retos! 
Aquí vos deixamos as respostas, algunhas en forma de foto e outras de vídeo de Guille, Valentina, Cristina, María, Irene, Penélope, Bruno, Ian e Celia!

Mirade o sorriso co que superan o reto, así da gusto, sodes grandes artistas!














E, por último, un recordatorio, se queredes que se publiquen as vosas respostas precisamos a vosa autorización de imaxe no seguinte enlace: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9

lunes, 23 de marzo de 2020

RETO !

RETO 1: 23 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"


Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso o lema e, sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obrigatorio para todos nestes días, que nos una e faga fortes.

O reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos, carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atréveste?? Fácil non?? Pois adiante….





PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando motores"


Para manterse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:


  • Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
  • Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
  • Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
  • Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
  • Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces. 

 

Envía unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o premio será 20 puntos e 20 "antivirus".

domingo, 22 de marzo de 2020

XAQUE AO VIRUS




Xogo virtual




XAQUE AO VIRUS




Qué é "Xaque ao virus"?

É unha proposta en liña para a promoción da saúde física e mental adaptada á situación de confinamento familiar na que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Esta proposta está dirixida a todos os escolares inscritos nos programas municipais "Deporte non centro", "Ocio educativo" e "Luditarde", co fin de seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

Obxectivo do xogo

O xogo consiste en superar diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar nas posicións na clasificación xeral.

Cales son os retos?

Son probas sinxelas que tes que pasar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que podes facer na casa.

- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as farás facilmente.



Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 do mediodía. TES 36 HORAS PARA REALIZAR CADA DESAFÍO.

Cómo superar os retos?

É moi sinxelo, só tes que enviar unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico deste blog: 
fapasjuanfdezlatorre@gmail.com

Lembra que a foto do traballo é 1 punto e o vídeo 10 puntos!




ATRÉVETE!
XUNTOS VENCEREMOS