RETO 1: 23 de marzo de 2020
PROBA
MENTE EN FORMA: "A unión fai a forza"
Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida porque nos axudará a gañar moitas batallas e como non, esta non será menos. Pois empecemos por facer noso o lema e, sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible con algo que resulta obrigatorio para todos nestes días, que nos una e faga fortes.
O
reto consiste en facer visible o lema #QuedateEnCasa en debuxos,
carteis, pintura na cara ou da maneira que se vos ocorra. Atréveste??
Fácil non?? Pois adiante….
PROBA CORPO EN FORMA: "Quentando
motores"
Para manterse en forma hai que exercitarse na casa. Propoñémosche facer 5 exercicios sinxelos para comezar ben o día:
- Exercicio 1: De pé e coas mans na cintura poñerse no bico dos pés. Repetir 10 veces
- Exercicio 2: De pé e coas mans na cintura virar o tronco á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
- Exercicio 3: De pé, facer 10 círculos cara adiante cos brazos.
- Exercicio 4: De pé, facer 10 círculos cara atrás cos brazos.
- Exercicio 5: De pé e coas mans na cintura virar a cabeza á esquerda e despois á dereita. Repetir 10 veces.
Envía
unha foto de cada proba ao noso correo de contacto, gañarás 2 puntos
para o teu colexio e 2 "antivirus" para loitar contra o
coronavirus. Ah, e se o que envías é un vídeo de cada proba, o
premio será 20 puntos e 20 "antivirus".