viernes, 27 de marzo de 2020

RETO !

RETO 3: 27 de marzo de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Instrumentos musicais"

Para facer máis animado os aplausos aos nosos sanitarios que están a traballar día a día para deter este virus. Nós darémoslle máis “Xaque ao Virus” axudando con varios instrumentos caseiros. Deixamos aquí uns exemplos para que escollades o que máis vos guste, aínda que este reto está máis aberto se cabe á vosa imaxinación, podedes enviarnos fotos e vídeos co instrumento que queirades ou poidades elaborar sempre en función dos materiais cos que contedes nas vosas casas. Veña, ánimo, imos darlle un toque distinto ao homenaxe!

O primeiro instrumento son unhas MARACAS.

                                            

Materiais:
Legumes: arroz, lentellas, garavanzos, etc... hai que elixir un.
Dous vasos de plástico ou de iogures.
Cinta illante ou algo que suxeite ben.

Pasos a seguir:
1)  Colle un dos vasos e enchelo cun puñado dun legume.
2)  Coloca o outro vaso encima, facendo que se peche.
3)  Xa colocado os vasos, únelos coa cinta illante.

E xa poderás axitalo e empezar a acabar co virus.

Logo para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.

O segundo instrumento son unhas CASTAÑOLAS.


Materiais:
Cartón
2 chapas de botella

Pasos a seguir:
1)  Colle o cartón, non fai falta que sexa moi grande, corta un anaco tan longo como a distancia entre o teu dedo polgar e o índice.
2)  Dobra o cartón pola metade.
3)  Pega as chapas no mesmo lado do cartón e nos extremos.

E agora coloca o cartón entre os dedos e verás como logras un son como o das castañolas.

Logo para acabar, podes decorar os cartóns ou pintalos e facer as maracas máis bonitas.

O terceiro instrumento é unha FRAUTA DE PAN.


Materiais:
Entre 8 e 12 “palliñas”.
Cinta illante o algo que suxeite ben.

Pasos a seguir:
1)  Corta as “palliñas” de diferentes tamaños, de 2 cm a 6 cm.
2)  Lembra que hai que facer pares, ósea 2 palliñas de igual tamaño.
3)  Xuntas as “palliñas” por parellas, do mesmo tamaño, coa cinta illante.
4)  E agora que xa temos as parellas unidas, unimos todas as palliñas xuntas e en orde de menos a máis longa. Tal e como vén na imaxe de arriba.

O cuarto instrumento é un TAMBOR.



Materiais:
Bote metálico ou de plástico sen tapa (por exemplo, de cacao en po ou de deterxente).
Un globo.
Unha goma elástica.

Pasos a seguir:
1)  Pódese decorar os botes antes de empezar a fabricar o tambor.
2)  Cortamos o extremo do globo, por onde se sopra ao inchalo.
3)  Colócase o globo no bote, por onde iría a tapa.
4)  Suxeitámolo coa goma elástica.

E como baqueta, pódense utilizar as mans ou calquera pau que sirva para golpear.


PROBA CORPO EN FORMA: "Bachatea"

Sempre se escoitou iso de que o baile é a mellor menciña para curar os males. Axuda a combater o estrés, sube o ánimo, mantennos en forma, fomenta a nosa creatividade, memoria, ritmo... En fin, MIL COUSAS!! Por esa mesma razón, que mellor que o reto de hoxe consista en aprender a bailar un pouco de bachata.

Antes de nada... Sabedes o que é a bachata? Por se acaso non, a bachata é un estilo de baile latino orixinario da República Dominicana e báilase ao ritmo do xénero musical que leva o seu mesmo nome.

Agora que xa sabemos máis ou menos de que se trata... mans a obra!! Ou... mellor dito... PÉS A OBRA!! Isto é porque debemos de concentrar, en todo momento, os nosos movementos de cadeira para abaixo. IMOS ALÓ!! (Axúdate da explicación escrita e, para entendelo mellor, mira os vídeos).

Paso 1: este é o paso básico da bachata. Caracterízase por ter 4 tempos, é dicir, 4 pasos (4 pasos desprazándonos ao lado dereito e 4 pasos desprazándonos ao lado esquerdo). Farémolo deste xeito:

- Para desprazarnos a dereita: empezamos abrindo co pé dereito, volvemos a cerrar co esquerdo, volvemos a abrir co dereito e, desta vez, cando cerramos co esquerdo poñemos este de puntillas para marcar unha pausa breve antes de seguir co seguinte paso.
- Para desprazarnos a esquerda: pois facemos o mesmo pero ao revés. Empezamos abrindo co pé esquerdo, volvemos a cerrar co dereito, volvemos a abrir co esquerdo e, esta vez, cando cerramos co dereito poñemos este de puntillas para marcar a pausa.


Paso 2: é igual que o paso básico pero, en vez de desprazarnos de esquerda a dereita e viceversa, esta vez, farémolo movéndonos cara adiante e cara atrás.


Paso 3: é igual que o paso básico pero cruzando unha perna por detrás da outra ou por diante. Exemplo: abro con dereita, cruzo coa esquerda por detrás da dereita, volvo a abrir coa dereita e, por último, finalizo cerrando con esquerda de puntillas para marcar a pausa. Se queremos cruzar por diante faríase co mesmo procedemento pero empezando co outro pé.


Paso 4: vamos a facer un xiro sobre o paso base. É dicir, abrimos co pé dereito apuntando ao lado dereito, pasamos a perna esquerda dando medio xiro que nos deixa colocados de costas, volvemos a poñernos de cara desprazando a dereita e cerramos coa esquerda marcando a pausa. O mesmo sería cara o lado esquerdo empezando co pé esquerdo.


Unha vez que xa conseguistes dominar os pasos despois de practicalos varias veces, intentade combinalos e crear unha breve coreografía. ÁNIMO!! A MOVER O ESQUELETO!!

Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para gozar todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!