RETO 4: 30 de marzo de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "CONCURSO DE RAS"
Deixo aquí un vídeo titorial onde podedes seguir os pasos, é moi fácil de seguir, é co que aprendín a facer as ras hai anos. Recordade decoralas como máis vos guste, a min, cando dispoño de materiais, gústame pintar primeiro o folio de moitas cores, facela ra e, unha vez rematadas, poñerlle ollos e todo o que se me ocorra.
Bo comezo de semana a todas e todos!
Hoxe traemos un concurso de ras, cunha manualidade de papiroflexia moi sinxela e que pode dar paso a diferentes xogos na casa, dende carreiras ata concursos de brincos e pinchacarneiros.
Deixo aquí un vídeo titorial onde podedes seguir os pasos, é moi fácil de seguir, é co que aprendín a facer as ras hai anos. Recordade decoralas como máis vos guste, a min, cando dispoño de materiais, gústame pintar primeiro o folio de moitas cores, facela ra e, unha vez rematadas, poñerlle ollos e todo o que se me ocorra.
Cando as teñades listas xa podedes comezar a xogar con elas. Nós queremos que mandedes vídeos facendo brincos e pinchacarneiros con elas!
Eu fixen a miña e ollo como brinca!
PD. Gustaríanos saber se dispoñedes de colorantes alimenticios nas vosas casas para a proposta de futuros retos, dicídenolo nos correos das respostas ao reto, grazas!
Para comezar a semana, realizaremos uns exercicios básicos coa axuda dun rolo de papel hixiénico.
1º Exercicio - Sentar e levantarse do sofá, hai que repetilo 10 veces.
2º Exercicio - Estando de pé hai que deitarse no chan boca abaixo, poñerse de pé de novo e dar un salto, hai que repetilo 10 veces.
Agora collemos o rolo de papel.
3º Exercicio - Rolo de papel na man e facer círculos na túa cintura, pasándoo de man a man por diante e por detrás. 10 veces cara ao lado dereito e 10 veces cara ao lado esquerdo.
4º Exercicio - Rolo de papel na man e agora toca facer un oito, pasando o rolo de papel entre as pernas. 10 veces cara ao lado dereito e 10 veces cara ao lado esquerdo.
5º Exercicio - Tentar que o rolo de papel non toque o chan durante 20 segundos. Hai que golpear o rolo de papel coa man ou con calquera parte do corpo para que non toque o chan.
Reto - Para os máis atrevidos, facer o reto de darlle 10 toques co pé ao rolo de papel.

PROBA CORPO EN FORMA

Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!