lunes, 1 de junio de 2020

PUNTUACIÓN FINAL: 39.347 PUNTOS

O XOGO "XAQUE AO VIRUS" CHEGA  AO SEU FINAL ACADANDO CASE 40.000 ANTIVIRUS OBTIDOS POLOS 27 CENTROS PARTICIPANTES TRAS 10 SEMANAS DE XOGO.

UN TOTAL DE 5.521 RESPOSTAS AOS RETOS PROPOSTOS (MÁIS DE 500 POR SEMANA),  XUNTO COAS MÁIS DE 700 PARTICIPANTES EN SESIÓNS ON-LINE, FIXERON POSIBLE ACADAR 39.286 PUNTOS.

O REPARTO DESTES PUNTOS FOI O SEGUINTE:


SÓ NOS QUEDA AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS E A COLABORACIÓN DESINTERESADA DE MÚSICOS, ACTRICES, ESCRITORES E DEMÁIS PERSONALIDADES DO MUNDO DA CULTURA QUE ANIMASTES A PARTICIPAR AOS NENOS E NENAS DOS DIFERENTES COLEXIOS DA CIDADE.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO!!!

viernes, 29 de mayo de 2020

MOITAS GRACIAS A TODAS E TODOS!!!

O BLOG CHEGA AO SEU FIN, ESPERAMOS VERVOS PRONTO E QUE TEÑADES UN VERÁN FANTÁSTICO.

GOZAMOS MOITÍSIMO CAS VOSAS RESPOSTAS AOS RETOS E CA VOSA ALEGRÍA DURANTE A CORENTENA, SODES XENIAIS! 

DEIXAMOS UN VÍDEO DE AGRADECEMENTO QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTE. 

MOITÍSIMOS BICOS E ABRAZOS A TODAS E TODOS!!!

 

VIDEOCHAMADAS DE DESPEDIDA

ENTRE ONTE E HOXE DESPEDIMOS O BLOG CUNHAS VIDEOCHAMADAS, ONTE DE POE E HOXE DE PATINAXE. DE NOVO, MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR. SEMPRE NOS FAI ILUSIÓN VERVOS E MÁIS DESPOIS DE TANTO TEMPO. MOITOS BICOS E ABRAZOS PARA TODAS E TODOS!


CAMPACOLES

Imaxe da campaña

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se a topa o noso colexio JUAN FERNÁNDEZ LATORRE.
PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.

CAMPACOLE
TRÍPTICO CON CILIA NO COLE

SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO 

A LÚA

Datos curiosos sobre a lúa

Nesta lista de datos curiosos sobre a Lúa que quizais non sabías aprenderás cousas interesantes do noso satélite natural:


- Unha persoa que pesa 45 quilos na terra pesaría 8,05 quilos na lúa.

- A Lúa vira sobre o seu propio eixo aproximadamente o mesmo tempo que dá a volta á Terra (27 días). Isto significa que desde a Terra só vemos ao redor do 60% da súa superficie.

- O lado oposto só o viron os humanos desde a Estación Espacial.

- A Lúa afástase aproximadamente 3.8 cm do noso planeta cada ano. Estímase que continuará facéndoo durante ao redor de 50 mil millóns de anos. Para cando iso suceda, a Lúa tardará ao redor de 47 días en orbitar a Terra en lugar dos 27.3 días actuais.

- A Lúa non ten atmosfera, o que significa que non está protexida dos raios cósmicos, meteoritos e ventos solares, e ten enormes variacións de temperatura. A falta de atmosfera significa que non se pode oír ningún son na lúa, e o ceo sempre aparece negro.

- A superficie chea de cráteres da lúa é o resultado do intenso impacto das rocas espaciais fai millóns de anos. Na lúa ocorren terremotos. A atracción  gravitacional da Terra causa pequenos terremotos a varios quilómetros da superficie, causando rupturas e gretas. Crese que, do mesmo xeito que a Terra, a Lúa ten un núcleo fundido.

- Necesitaríanse centos de miles de lúas para igualar o brillo do sol.

- Durante unha eclipse lunar, cando a lúa móvese cara á sombra da Terra, a temperatura da superficie pode descender ao redor de 500 graos  F (300 graos  C) en menos de 90 minutos.

Se queres saber máis sobre a Lúa, aquí tedes un video:







RESPOSTAS ÚLTIMO RETO

Temos un vídeo moi gracioso de Valentina como resposta ao último reto que fixemos, moitas gracias por participar no xogo Valentina. E moitas gracias ao resto de participantes, esperamos que teñades un moi bo verán e vernos no cole á volta das vacacións. Bicos e apertas para todas e todos!

 

jueves, 28 de mayo de 2020

ROMPE COS LÍMITES!


Pedro Solís é o director e guionista do curto de animación 'Cordas', unha historia de amizade contada cunha tenrura exquisita na que María coñece ao seu novo compañeiro de clase, Nico, un neno con parálise cerebral, e introdúcelle nos seus xogos a través da imaxinación e o enxeño.

Para crear esta historia, Pedro, navegou nos seus recordos. Xorde dunha parte moi importante da súa vida: a historia dos seus fillos. Cando a súa filla Alejandra tiña 6 anos naceu o seu irmán pequeno, Nicolás. Faltoulle osíxeno ao nacer, porque houbo un problema no parto, e naceu cunha parálise cerebral severa. Pero a Alejandra, no canto de apartarse del, como lles pode ocorrer a moitos irmáns, esforzouse en adaptar os seus xogos e buscar multiples alternativas para que o seu irmán poidera xogar con ela.

E ben certo que os límites só están na nosa mente e somos nós os únicos que podemos rompelos vendo en vez de problemas, novas oportunidades de reinventarnos.




ENTREGA DE DIPLOMAS E MEDALLAS

Os días 1, 2 e 3 de xuño, no Fórum Metropolitano, de 16:00 a 18:00 h. realizarase unha entrega de diplomas e medallas a todas as nenas e nenos que participaron no noso xogo XAQUE AO VIRUS
 

Como o Fórum Metropolitano aínda non está aberto ao público na entrada precisades identificarvos, xa estarán notificados os nomes dos participantes, e será obrigatorio o emprego de mascarilla.

MOITAS GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

miércoles, 27 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

XAQUE AO VIRUS CHEGA AO SEU FIN, PERO AÍNDA QUE REMATEMOS UNHA ETAPA INICIAMOS OUTRA. COMO VOS COMENTAMOS O SÁBADO, ANTE A NECESIDADE POR PARTE DAS FAMILIAS DE CONCILIAR, PODEREMOS GOZAR COS CAMPAMENTOS DE VERÁN 2020

Imaxe da campaña

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta. O programa "CON CILIA NO COLE" levarase a cabo en diferentes colexios públicos da cidade, entre os cales se a topa o noso colexio JUAN FERNÁNDEZ LATORRE.
PREMENDO NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA "CON CILIA NO COLE" E TODO O RELATIVO AOS CAMPAMENTOS DE VERÁN.

PROGRAMA CON CILIA NO COLE
CAMPACOLE
TRÍPTICO CON CILIA NO COLE

SE PRECISADES MÁIS INFORMACIÓN TAMÉN PODEDES ACCEDER Á WEB DA FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS ONDE SE FACILITAN UN CORREO ELECTRÓNICO E NÚMEROS DE TELÉFONO 

RECORDATORIO

ÚLTIMO RETO

Ola nenas e nenos!! 


Queremos lembrarvos que está é a última semana para o noso xogo, "Xaque ao virus", e estamos a esperar as vosas respostas, os vosos vídeos e os vosos retos. 
Propuxémosvos un reto semanal, o reto 28, necesitamos que nos enviedes as vosas respostas antes de venres 29 de Maio, grazas a tod@s por participar e xogar connosco. 



PROBA MENTE EN FORMA: "O RETO"

Estamos chegando á recta final do noso xogo "Xaque ao virus", esta é a nosa última semana e por iso queremos propoñervos algo diferente.
Esta semana queremos que sexades vos os que propoñades un reto para que nós, os educador@s que estamos participando neste blog  (Tania, Darío, Adrián e Montse) os intentemos  facer. Puntuaremos os retos que nos cheguen.
Seguro que tedes moi boas ideas, os retos poden ser de calquera tipo, mentais, físicos, o que vós queirades. Iso si, que podamos facelos, non sexades traviesos, non o poñades moi difícil.Podedes enviar as vosas propostas ao correo cun exemplo de como facelo reto:  fapasjuanfdezlatorre@gmail.com ou poñelas na casilla de comentarios, xa estamos esperando por elas!



PROBA CORPO EN FORMA: "BAILAMOS XUNTOS"

De novo volvo comentarvos que esta é a nosa última semana, e por iso queremos propoñer algo especial, espero que podamos contar convosco.
Esta semana queremos bailar todos xuntos ao ritmo da canción:


 "DANCE MONKEY"


Pedímosvos que vos gravedes bailando esa canción, non ten porque ser a canción enteira, válenos unha grabación de 20/30 seg. Enviade o vídeo ao noso correo. Podedes saír vós sós aínda que sería xenial que tamén participase a vosa familia ou os vosos amigos.

Tedes ata o xoves 28 para enviarnos os vosos vídeos e publicaremos todas as respostas que nos cheguen a partir do venres 29.

Ánimo rapaces!! Xa estamos esperando as vosas respostas.

martes, 26 de mayo de 2020

O SISTEMA SOLAR

Curiosidades do Sistema Solar.

Hoxe descubriremos cousas novos sobre o máis afastado e á vez o máis próximo a nós. 


O espazo parece que é pequeno xa que vemos as estrelas aí arriba pero en realidade están a moita distancia, algúns datos curiosos son:

- Os planetas viaxan ao redor do Sol, pero a traxectoria que seguen non é redonda senón elíptica, é dicir, alongada cara aos lados.

- O primeiro planeta en ser observado con axuda dun telescopio foi Urano.

- O cometa Halley fai unha volta completa ao redor do Sol en 75-76 anos. En cambio, a Terra tarda uns 365 días. Este cometa é o único que o home pode ver a primeira ollada, sen necesidade de usar un telescopio.

- Os nomes dos planetas proveñen de deuses dos mitos de Roma ou Grecia. Por exemplo, Marte era o nome do deus romano da guerra.

- A lúa foi o único corpo do Sistema Solar que o ser humano logrou pisar. Ata o momento, pois quizá nuns anos póidase chegar a un planeta.

Se queres saber algunha curiosidade máis, aquí tes a seguinte ligazón para velo:

https://www.geoenciclopedia.com/20-curiosidades-do-sistema-solar- ninos/

Se sabes algunha curiosidade sobre o sistema solar, pono nos comentarios para saber máis.

OVO SALTARÍN!


Moi boas nenos e nenas! 

Hoxe vimos a compartir con vós un experimento moi divertido. Para este truco tan sinxelo bastará con ter a man un ovo, vinagre, e, por último, nada máis e nada menos que algo de paciencia. Teremos que deixar o ovo mergullado no vinagre durante 48 horas, é dicir, 2 días enteiros pero... merecerá a pena! Confiade en nós! 

Unha vez cumpridas as 48 horas de rigor, ao quitarlle a casca ao ovo, veremos que cambiou a súa composición e botará como unha auténtica pelota saltarina.

Aquí vos deixamos o vídeo coa explicación do procedemento: 


lunes, 25 de mayo de 2020

VIDEOCHAMADA PATINAXE!

O VENRES MONTSE QUERE VER ÁS NENAS E ÓS NENOS DE PATINAXE, FALAR CON VÓS, DARVOS UNHA APERTA E MOITOS BICOS VIRTUAIS PARA DESEXARVOS UN FELIZ VERÁN, E APROVEITAR PARA BAILAR XUNTOS, PARA ISO IMOS FACER DÚAS VIDEOCHAMADAS A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE ZOOM.



PARA PARTICIPAR SÓ TEDES QUE DESCARGAR A APLICACIÓN NOS ORDENADORES, TABLETAS OU TELÉFONOS E ACCEDER COA INFORMACIÓN NECESARIA QUE SE FACILITARÁ POR PRIVADO NOS CORREOS ELECTRÓNICOS.

QUEN QUEIRA PARTICIPAR QUE SOLICITE A INFORMACIÓN NECESARIA A TRAVÉS DO CORREO fapasjuanfdezlatorre@gmail.com

COMO DICÍAMOS ARRIBA, IMOS FACER DÚAS SESIÓNS:

  1. ÁS 16:00 PARTICIPARÁN AS NENAS E NENOS DE INFANTIL E PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA
  2. ÁS 17:00 PARTICIPARÁN AS NENAS E NENOS DE 3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA
AGARDAMOS POR VÓS!

VIDEOCHAMADA POE

ESTE XOVES ÁS 16:00 TEMOS UNHA CITA CON DARÍO, XA QUE TEN MOITA GANA DE FALAR CON VÓS, SABER COMO ESTADES, DESEXARVOS UN BO VERÁN E CREMOS QUE É BO XEITO DE VERNOS TODAS AS NENAS E OS NENOS DE POE PARA DESPEDIR O CURSO!

PARA PARTICIPAR SÓ TEREDES QUE TER DESCARGADA A APLICACIÓN DE ZOOM NO VOSO ORDENADOR, TABLETA OU TELÉFONO E ACCEDER Á SESIÓN PROGRAMADA COA INFO QUE SE FACILITARÁ POR PRIVADO NOS CORREOS ELECTRÓNICOS.

 

AS NENAS E OS NENOS DE POE QUE QUEIRAN PARTICIPAR PODEN SOLICITAR A INFORMACIÓN NO CORREO: fapasjuanfdezlatorre@gmail.com

AGARDAMOS QUE PARTICIPEDES!

RETO 28

RETO 28: 25 DE MAYO 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "O RETO"


Saúdos rapazas e rapaces! Estamos chegando á recta final do noso xogo "Xaque ao virus", esta é a nosa última semana e por iso queremos propoñervos algo diferente.
Esta semana queremos que sexades vos os que propoñades un reto para que nós, os educador@s que estamos participando neste blog  (Tania, Darío, Adrián e Montse) os intentemos  facer. Puntuaremos os retos que nos cheguen.
Seguro que tedes moi boas ideas, os retos poden ser de calquera tipo, mentais, físicos, o que vós queirades. Iso si, que podamos facelos, non sexades traviesos, non o poñades moi difícil.
Podedes enviar as vosas propostas ao correo cun exemplo de como facelo reto:  fapasjuanfdezlatorre@gmail.com ou poñelas na casilla de comentarios, xa estamos esperando por elas!


PROBA CORPO EN FORMA: "BAILAMOS XUNTOS"


De novo volvo comentarvos que esta é a nosa última semana, e por iso queremos propoñer algo especial, espero que podamos contar convosco.
Esta semana queremos bailar todos xuntos ao ritmo da canción:


 "DANCE MONKEY"


Pedímosvos que vos gravedes bailando esa canción, non ten porque ser a canción enteira, válenos unha grabación de 20/30 seg. Enviade o vídeo ao noso correo. Podedes saír vós sós aínda que sería xenial que tamén participase a vosa familia ou os vosos amigos.
Tedes toda a semana para enviarnos os vosos vídeos e publicaremos todas as respostas que nos cheguen a partir do venres 29.
Ánimo rapaces!! Xa estamos esperando as vosas respostas.


CLASIFICACIÓN XERAL: 37.5 SEMANA DO XOGO


COMEZA A DERRADEIRA SEMANA DE XAQUE AO VIRUS CON CASE 40.000 ANTIVIRUS ACADADOS ENTRE TODOS OS COLEXIOS PARTICIPANTES.
 

UNHA VEZ MÁIS AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN. E APROVEITADE AS SESIÓNS DESDE A CASA DE ESTA SEMANA, POIS TAMÉN SUMAN PUNTOS.

RECORDATORIO

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!!

CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIONS.

ESTE É O CALENDARIO DESTA SEMANA


RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 

ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

domingo, 24 de mayo de 2020

CASTELOS DE AREA

A partir de mañá poderemos volver a desfrutar das nosas praias e pasar nelas momentos agradables, sempre respectando as normas de desconfinamento e o medio ambiente.

Como a case todo o mundo lle gusta xogar coa area traemos uns consellos para que os nosos castelos de area queden perfectos

1. Fai unha montaña. Escolle un punto e fai unha xigantesca morea de area. Usade as vosas mans, ou axudádevos dunha pa para poder apertar a area. É importante elixir ben o sitio, que non moleste moito ao paso e corra o perigo de ser esnaquizado por algún paseante descoidado. Tamén é fundamental que non estea tan preto da beira como para que a primeira onda que haxa o leve por completo.

2. Engade moita auga. Os diminutos grans acomódanse formando unha mestura parecida ao cemento. De feito, a area mollada da beira é moito máis resistente que a area do final da praia así que para que o voso castelo de area sexa maxestoso debes mollar, e moito, a area que utilizas para construílo. Crea un cráter no máis alto para ir drenando a auga e deixa que flúa a auga coa axuda dun cubo. Faino amodo para que non se derrube a montaña de area! Así se irá endurecendo a area.

3. Dá moita palmadiñas ás torres. Utilizando as vosas mans coma se fosen culleres ide botando area húmida para crear as torres. Repetide esta acción cantas veces necesitedes ata conseguir a altura desexada.

4. Forxar o castelo. Coa axuda dunha pa da praia ide formando as grumosas torres e paredes do castelo. Tamén podedes axudarvos dunha ferramenta plana como paus para ir limando os ásperos marcos.

5. Deixade correr a vosa imaxinación. Podedes axudarvos dos reflexos da luz para conseguir texturas variadas como destacar algún aspecto do castelo. Cunha ferramenta da que dispoñades podedes facer os cantos das torres ou crear os cantos das paredes.


RECORDADE RESPECTALAS NORMATIVAS, PROTEXERVOS DO SOL E PASALO BEN!

sábado, 23 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Hoxe traemos unha noticia que cremos que será de moita alegría para todas e todos.
 Imaxe da campaña
O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Entre todas estas actividades podemos atopar CAMPACOLE, que se celebra nos colexios públicos. Para máis información neste enlace:CAMPAMENTOS DE VERÁN

viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 27

PROBA MENTE EN FORMA: "FOTOS DA NATUREZA"

Moi boas! Como sabemos que estades saíndo sempre aos paseos e aproveitando a primavera, neste reto de mente en forma, queremos que vos convertades en fotógrafos e fotógrafas da natureza e nos enviedes fotos das flores ou árbores que vos atopedes e que máis vos gusten! Podedes aparecer posando ao carón delas ou envialas fotos só das plantas, como prefirades!

 La margarita, belleza y posibilidades para el jardín | Consumer

PROBA CORPO EN FORMA: “DEFENDER O TERRITORIO”.

Para este reto necesítanse dúas persoas. E o obxectivo deste reto é conseguir ter o menor número de pelotas no noso territorio.

Á hora de xogar fai falta delimitar as zonas do campo de xogo. A partir de aí xogásese cun tempo de 1, 2 ou 3 minutos de xogo. Para xogar necesítanse 8, 10 ou 12 pelotas ou rolos de calcetín.

O xogo empeza coas pelotas divididas nos dous campos e cando se inicie o xogo hai que ter o mínimo de pelotas no noso campo para gañar a partida. Xógase ao mellor de 3 partidas. Moita sorte e DEFENDE O teu TERRITORIO!!!!


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

XOGO EN CASA: ÚLTIMA SEMANA, ÚLTIMAS CLASES!!!


CONTINUAMOS COA DIVERSIÓN ON-LINE.
MOITAS GRAZAS POLA BOA ACOLLIDA DESTAS SESIÓNS.

ESTE É O CALENDARIO DA VINDEIRA SEMANA
 
A ÚLTIMA SEMANA DE BLOG, APROVEITADE!



RESERVA A TÚA PRAZA ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO AO ENDEREZO DESTE BLOGUE. 


ENVÍAREMOSCHE A ID E O CONTRASINAL PARA ACCEDER DIRECTAMENTE A  SESIÓN ESCOLLIDA A TRAVÉS DA APLICACIÓN  DE ZOOM.

jueves, 21 de mayo de 2020

COCIÑANDO CA CATIVADA

BATIDOS DE FROITAS 

Os batidos de froitas son ideales para aos máis pequenos da casa. Poderedes facer estas sinxelas receitas de batidos, xuntos. Non hai nada mellor que uns bos batidos naturais, feitos con froitas. Están cheos de vitaminas, de enerxía e moito sabor.

 BATIDO DE PLÁTANO:

Cun puñado de fresas, un plátano mediano, 175 ml de leite frío, dous culleradas de copos de avena e dous culleradas de mel ou azucre, poderedes facer este delicioso batido. O seu sabor é incrible.

BATIDO DE FROITOS VERMELLOS: 

Necesitamos 150 gramos de froitos vermellos, 50 gramos de remolacha cocida, un iogur grego, 100 ml de leite e tres culleradas de mel ou azucre. Só tes que bater todos os ingredientes moi ben, para crear este batido. É rico en antioxidantes e vitaminas.

Os froitos vermellos poderían ser fresas silvestres, bayas, frambuesas, grosellas ou mouras. Podedes elixir o que máis vos guste ou facer unha mestura de varios.


BATIDO DE KIWI:
Para este batido necesitamos un kiwi, un aguacate, o zume de media lima, 175 ml de leite e dous culleradas de mel ou azucre. Bate todos os ingredientes xuntos e sairache un batido refrescante, cun toque acedo riquísimo.

Non teñas medo ao aguacate, porque sexa rico en graxas. Esas graxas, son boas para o organismo.


BATIDO DE ZANAHORIA: 
Usamos dous zanahorias medianas, un mango maduro, un iogur grego, media cullerada de canela, 100 ml de leite e unha cullerada de azucre ou mel. Bate primeiro as zanahorias, cando estean ben molidas, bota o resto dos ingredientes, ata que quede un batido cremoso.
Para saber que o mango está maduro, colle un da frutería e achégao a ti. Ten que desprender un aroma intenso, por si só sen ter que abrilo.

CURIOSIDADES

A TÚA VOZ


Es un charlatán? gústache cantar? tararear? gritar? ou simplemente falar ca túa familia ou cos teus amigos, para facelo necesitas usar un instrumento co que xa nacemos, a nosa voz.


  • Todo o mundo nace cunha voz única.
  • Tes o teu acento desde que naciches: Os bebés comezan a captar os acentos dos seus pais cando aínda están no útero.
  • De onde vén a voz: A voz comeza na caixa torácica, cando exprimes o aire suavemente para proporcionar un fluxo controlado a través da larinxe. Dous pedazos de tecido, chamados cordas vocais, vibran dun lado a outro a medida que pasa o aire, producindo un estraño zumbido. Logo, a manipulación do resto dos teus "articuladores" (beizos, mandíbula, lingua e paladar brando na parte posterior da garganta) é o que forma a voz.
  • Por que se volve máis grave: As voces dos homes vólvense máis graves durante a adolescencia. A larinxe masculina descende dentro da garganta e comeza a sobresaír. Isto é o que se coñece como noz ou mazá de Adán. A distancia entre a larinxe e a boca, coñecida como o tracto vocal, faise máis longa. Un tubo máis longo produce unha nota máis baixa, e isto é o que fai que as voces dos homes vólvense máis profundas.

  • Imitas a voz da xente que che gusta: Canto máis che guste alguén, máis axustarás a túa voz para soar igual que el ou ela.
  • Por que a túa voz vólvese floxa: A medida que envelleces, as túas cordas vocais vólvense máis floxas e o aire fíltrase cando falas, dando á túa voz un son máis entrecortado.
  • Sempre soarás máis novo do que pareces: A boa noticia é que a túa voz envellecerá máis lentamente que o resto do teu corpo. Si intentas adiviñar a idade de alguén a partir da súa voz, normalmente pensarás que dita persoa é máis nova do que realmente é.
A voz humana é un instrumento tan marabilloso que ata nos permite imitar o son de moitos instrumentos musicais ata o punto de crear cancións usando só a voz. Aqui deixámosche algún vídeo como exemplo para que o goces.









miércoles, 20 de mayo de 2020

ZOOM

O VENRES 22 ÁS 16:00 VOLVEMOS TER VIDEOCHAMADA PARA CHARLAR UN RATIÑO E BOTAR UNHA PARTIDA AO TUTIFRUTI, SÓ PRECISAMOS PAPEL E LAPIS. 

QUEN QUEIRA PARTICIPAR QUE NOS AVISE A TRAVÉS DO CORREO DO BLOG! 

 tutti-frutti (con imágenes) | Tutti frutti, Buzos para niños, Juegos

RETO !

RETO 26: 20 DE MAIO DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "O aparcadoiro"

Atent@s! Segundo o debuxo que se mostra a continuación... Cal é o número da praza de aparcadoiro na que está o vehículo aparcado? 

Respondede nos comentarios! 



PROBA CORPO EN FORMA: “O XOGO DAS CADEIRAS”.

Este xogo é o máis popular nas festas e dá igual a idade que teñas, porque seguro que o xogaches moitas veces. 



O xogo consiste en facer un círculo de cadeiras. Se xogades 5 persoas, de haber unha cadeira menos, é dicir, 4. Entón, soa a música e cando para, os participantes deben sentar. O que non sente queda eliminado. O xogo vai avanzando e quítase outra cadeira e soa a música de novo.

Con este xogo comprobaremos quen é o máis rápido e áxil da familia. MOITA SORTE!!!


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!