miércoles, 20 de mayo de 2020

RETO !

RETO 26: 20 DE MAIO DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "O aparcadoiro"

Atent@s! Segundo o debuxo que se mostra a continuación... Cal é o número da praza de aparcadoiro na que está o vehículo aparcado? 

Respondede nos comentarios! 



PROBA CORPO EN FORMA: “O XOGO DAS CADEIRAS”.

Este xogo é o máis popular nas festas e dá igual a idade que teñas, porque seguro que o xogaches moitas veces. 



O xogo consiste en facer un círculo de cadeiras. Se xogades 5 persoas, de haber unha cadeira menos, é dicir, 4. Entón, soa a música e cando para, os participantes deben sentar. O que non sente queda eliminado. O xogo vai avanzando e quítase outra cadeira e soa a música de novo.

Con este xogo comprobaremos quen é o máis rápido e áxil da familia. MOITA SORTE!!!


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.