viernes, 22 de mayo de 2020

RETO 27

PROBA MENTE EN FORMA: "FOTOS DA NATUREZA"

Moi boas! Como sabemos que estades saíndo sempre aos paseos e aproveitando a primavera, neste reto de mente en forma, queremos que vos convertades en fotógrafos e fotógrafas da natureza e nos enviedes fotos das flores ou árbores que vos atopedes e que máis vos gusten! Podedes aparecer posando ao carón delas ou envialas fotos só das plantas, como prefirades!

 La margarita, belleza y posibilidades para el jardín | Consumer

PROBA CORPO EN FORMA: “DEFENDER O TERRITORIO”.

Para este reto necesítanse dúas persoas. E o obxectivo deste reto é conseguir ter o menor número de pelotas no noso territorio.

Á hora de xogar fai falta delimitar as zonas do campo de xogo. A partir de aí xogásese cun tempo de 1, 2 ou 3 minutos de xogo. Para xogar necesítanse 8, 10 ou 12 pelotas ou rolos de calcetín.

O xogo empeza coas pelotas divididas nos dous campos e cando se inicie o xogo hai que ter o mínimo de pelotas no noso campo para gañar a partida. Xógase ao mellor de 3 partidas. Moita sorte e DEFENDE O teu TERRITORIO!!!!


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.