miércoles, 27 de mayo de 2020

RECORDATORIO

ÚLTIMO RETO

Ola nenas e nenos!! 


Queremos lembrarvos que está é a última semana para o noso xogo, "Xaque ao virus", e estamos a esperar as vosas respostas, os vosos vídeos e os vosos retos. 
Propuxémosvos un reto semanal, o reto 28, necesitamos que nos enviedes as vosas respostas antes de venres 29 de Maio, grazas a tod@s por participar e xogar connosco. 



PROBA MENTE EN FORMA: "O RETO"

Estamos chegando á recta final do noso xogo "Xaque ao virus", esta é a nosa última semana e por iso queremos propoñervos algo diferente.
Esta semana queremos que sexades vos os que propoñades un reto para que nós, os educador@s que estamos participando neste blog  (Tania, Darío, Adrián e Montse) os intentemos  facer. Puntuaremos os retos que nos cheguen.
Seguro que tedes moi boas ideas, os retos poden ser de calquera tipo, mentais, físicos, o que vós queirades. Iso si, que podamos facelos, non sexades traviesos, non o poñades moi difícil.Podedes enviar as vosas propostas ao correo cun exemplo de como facelo reto:  fapasjuanfdezlatorre@gmail.com ou poñelas na casilla de comentarios, xa estamos esperando por elas!



PROBA CORPO EN FORMA: "BAILAMOS XUNTOS"

De novo volvo comentarvos que esta é a nosa última semana, e por iso queremos propoñer algo especial, espero que podamos contar convosco.
Esta semana queremos bailar todos xuntos ao ritmo da canción:


 "DANCE MONKEY"


Pedímosvos que vos gravedes bailando esa canción, non ten porque ser a canción enteira, válenos unha grabación de 20/30 seg. Enviade o vídeo ao noso correo. Podedes saír vós sós aínda que sería xenial que tamén participase a vosa familia ou os vosos amigos.

Tedes ata o xoves 28 para enviarnos os vosos vídeos e publicaremos todas as respostas que nos cheguen a partir do venres 29.

Ánimo rapaces!! Xa estamos esperando as vosas respostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.