martes, 26 de mayo de 2020

OVO SALTARÍN!


Moi boas nenos e nenas! 

Hoxe vimos a compartir con vós un experimento moi divertido. Para este truco tan sinxelo bastará con ter a man un ovo, vinagre, e, por último, nada máis e nada menos que algo de paciencia. Teremos que deixar o ovo mergullado no vinagre durante 48 horas, é dicir, 2 días enteiros pero... merecerá a pena! Confiade en nós! 

Unha vez cumpridas as 48 horas de rigor, ao quitarlle a casca ao ovo, veremos que cambiou a súa composición e botará como unha auténtica pelota saltarina.

Aquí vos deixamos o vídeo coa explicación do procedemento: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.