domingo, 24 de mayo de 2020

CASTELOS DE AREA

A partir de mañá poderemos volver a desfrutar das nosas praias e pasar nelas momentos agradables, sempre respectando as normas de desconfinamento e o medio ambiente.

Como a case todo o mundo lle gusta xogar coa area traemos uns consellos para que os nosos castelos de area queden perfectos

1. Fai unha montaña. Escolle un punto e fai unha xigantesca morea de area. Usade as vosas mans, ou axudádevos dunha pa para poder apertar a area. É importante elixir ben o sitio, que non moleste moito ao paso e corra o perigo de ser esnaquizado por algún paseante descoidado. Tamén é fundamental que non estea tan preto da beira como para que a primeira onda que haxa o leve por completo.

2. Engade moita auga. Os diminutos grans acomódanse formando unha mestura parecida ao cemento. De feito, a area mollada da beira é moito máis resistente que a area do final da praia así que para que o voso castelo de area sexa maxestoso debes mollar, e moito, a area que utilizas para construílo. Crea un cráter no máis alto para ir drenando a auga e deixa que flúa a auga coa axuda dun cubo. Faino amodo para que non se derrube a montaña de area! Así se irá endurecendo a area.

3. Dá moita palmadiñas ás torres. Utilizando as vosas mans coma se fosen culleres ide botando area húmida para crear as torres. Repetide esta acción cantas veces necesitedes ata conseguir a altura desexada.

4. Forxar o castelo. Coa axuda dunha pa da praia ide formando as grumosas torres e paredes do castelo. Tamén podedes axudarvos dunha ferramenta plana como paus para ir limando os ásperos marcos.

5. Deixade correr a vosa imaxinación. Podedes axudarvos dos reflexos da luz para conseguir texturas variadas como destacar algún aspecto do castelo. Cunha ferramenta da que dispoñades podedes facer os cantos das torres ou crear os cantos das paredes.


RECORDADE RESPECTALAS NORMATIVAS, PROTEXERVOS DO SOL E PASALO BEN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.