sábado, 23 de mayo de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Hoxe traemos unha noticia que cremos que será de moita alegría para todas e todos.
 Imaxe da campaña
O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia...
As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.
Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Entre todas estas actividades podemos atopar CAMPACOLE, que se celebra nos colexios públicos. Para máis información neste enlace:CAMPAMENTOS DE VERÁN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.