jueves, 21 de mayo de 2020

COCIÑANDO CA CATIVADA

BATIDOS DE FROITAS 

Os batidos de froitas son ideales para aos máis pequenos da casa. Poderedes facer estas sinxelas receitas de batidos, xuntos. Non hai nada mellor que uns bos batidos naturais, feitos con froitas. Están cheos de vitaminas, de enerxía e moito sabor.

 BATIDO DE PLÁTANO:

Cun puñado de fresas, un plátano mediano, 175 ml de leite frío, dous culleradas de copos de avena e dous culleradas de mel ou azucre, poderedes facer este delicioso batido. O seu sabor é incrible.

BATIDO DE FROITOS VERMELLOS: 

Necesitamos 150 gramos de froitos vermellos, 50 gramos de remolacha cocida, un iogur grego, 100 ml de leite e tres culleradas de mel ou azucre. Só tes que bater todos os ingredientes moi ben, para crear este batido. É rico en antioxidantes e vitaminas.

Os froitos vermellos poderían ser fresas silvestres, bayas, frambuesas, grosellas ou mouras. Podedes elixir o que máis vos guste ou facer unha mestura de varios.


BATIDO DE KIWI:
Para este batido necesitamos un kiwi, un aguacate, o zume de media lima, 175 ml de leite e dous culleradas de mel ou azucre. Bate todos os ingredientes xuntos e sairache un batido refrescante, cun toque acedo riquísimo.

Non teñas medo ao aguacate, porque sexa rico en graxas. Esas graxas, son boas para o organismo.


BATIDO DE ZANAHORIA: 
Usamos dous zanahorias medianas, un mango maduro, un iogur grego, media cullerada de canela, 100 ml de leite e unha cullerada de azucre ou mel. Bate primeiro as zanahorias, cando estean ben molidas, bota o resto dos ingredientes, ata que quede un batido cremoso.
Para saber que o mango está maduro, colle un da frutería e achégao a ti. Ten que desprender un aroma intenso, por si só sen ter que abrilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.