GOZAMOS MOITÍSIMO CAS VOSAS RESPOSTAS AOS RETOS E CA VOSA ALEGRÍA DURANTE A CORENTENA, SODES XENIAIS!
DEIXAMOS UN VÍDEO DE AGRADECEMENTO QUE ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.
MOITÍSIMOS BICOS E ABRAZOS A TODAS E TODOS!!!
Estamos chegando á recta final do noso xogo "Xaque ao virus", esta é a nosa última semana e por iso queremos propoñervos algo diferente. Esta semana queremos que sexades vos os que propoñades un reto para que nós, os educador@s que estamos participando neste blog (Tania, Darío, Adrián e Montse) os intentemos facer. Puntuaremos os retos que nos cheguen. |
Seguro que tedes moi boas ideas, os retos poden ser de calquera tipo, mentais, físicos, o que vós queirades. Iso si, que podamos facelos, non sexades traviesos, non o poñades moi difícil.Podedes enviar as vosas propostas ao correo cun exemplo de como facelo reto: fapasjuanfdezlatorre@gmail.com ou poñelas na casilla de comentarios, xa estamos esperando por elas!
PROBA CORPO EN FORMA: "BAILAMOS XUNTOS"
De novo volvo comentarvos que esta é a nosa última semana, e por iso queremos propoñer algo especial, espero que podamos contar convosco.
Esta semana queremos bailar todos xuntos ao ritmo da canción:
"DANCE MONKEY"
Pedímosvos que vos gravedes bailando esa canción, non ten porque ser a canción enteira, válenos unha grabación de 20/30 seg. Enviade o vídeo ao noso correo. Podedes saír vós sós aínda que sería xenial que tamén participase a vosa familia ou os vosos amigos.
Tedes ata o xoves 28 para enviarnos os vosos vídeos e publicaremos todas as respostas que nos cheguen a partir do venres 29.
Ánimo rapaces!! Xa estamos esperando as vosas respostas.
|
Saúdos rapazas e rapaces! Estamos chegando á recta final do noso xogo "Xaque ao virus", esta é a nosa última semana e por iso queremos propoñervos algo diferente. Esta semana queremos que sexades vos os que propoñades un reto para que nós, os educador@s que estamos participando neste blog (Tania, Darío, Adrián e Montse) os intentemos facer. Puntuaremos os retos que nos cheguen. | |
Seguro que tedes moi boas ideas, os retos poden ser de calquera tipo, mentais, físicos, o que vós queirades. Iso si, que podamos facelos, non sexades traviesos, non o poñades moi difícil. Podedes enviar as vosas propostas ao correo cun exemplo de como facelo reto: fapasjuanfdezlatorre@gmail.com ou poñelas na casilla de comentarios, xa estamos esperando por elas! |