RETO 19: 4 de MAIO de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "POMPAS DE XABÓN"
Ola nenas e nenos, hoxe vouvos propoñer facer un xoguete caseiro co que poderedes xogar cando saídes a dar o voso paseo diario ou desde a vosa xanela.
Imos a construír o noso propio xogo de pompas de xabón.
Imos necesitar o seguinte material:
- Un bote ou recipiente se é con tapa mellor.
- Un vasiño pequeno para medir as cantidades.
- Unha botella de plástico de calquera bebida con tapón.
- Auga.
- Xabón lavalouzas.
- Gomina ou xel fixador de pelo.
No recipiente mesturaremos dúas partes de auga por unha de xabón e removemos ata que se mesture ben, engadimos unha parte de gomina ou xel fixador (é opcional para facer pompas máis resistentes) e podemos engadir unha culleradiña de azucre. Debemos remover de novo para que a mestura se faga moi ben, xa temos o líquido das pompas listo. Agora cortaremos a botella de plástico como aparece na foto.
Podemos usar a parte da embocadura da botella para soprar as pompas ou tamén podemos usar unha palliña.
E listo!! Xa temos o noso xogo de pompas preparado. A xogar!
PROBA CORPO EN FORMA: “A FEIRA III”.
Seguimos coa feira en casa, esta vez xogaremos para comprobar quen da familia consegue ter máis puntos en 5 lanzamentos.
Para este xogo necesítase:
- 5/6 vasos ou recipientes.
- 5/6 folios ou cartolinas para poñer a puntuación como a imaxe. A puntuación pódese cambiar, vós decidides.
- 5 bólas pequenas ou calquera obxecto que encaixe nos vasos ou recipientes.
O obxectivo deste xogo é tirar 3 roldas de 5 pelotas e ver quen da familia consegue máis puntos. Os vasos poñémolos no chan ou encima dunha mesa e a unha distancia de 2 pasos tiramos a bóla.
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!