viernes, 1 de mayo de 2020

RETO!

RETO 18: 1 de abril de 2020 
 




PROBA MENTE EN FORMA: "O ascensor de caramelos" 
Neste reto imos construír un ascensor caseiro que subirá ata nosa boca cuns deliciosos caramelos ou o que queirades comer, as nosas orellas serán ás encargadas de facer de polea e as nosas mans terán a misión de subir os caramelos sen que caian ó chan.

Para levar a cabo a nosa construción precisaremos:
- 2 lapis do mesmo tamaño.
- Celo, cinta ou algo para xuntalos lapis, do que dispoñades.
- Corda, cordón, fío...

Instrucións para fabricar o ascensor:

1.Terás que xuntar os dous lapis e en cada extremo cun pouco de celo ou cinta  formar unha especie de base plana para pousar os nosos caramelos.

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgfSz1_Pb8tieCGgLgchMS_h2ewWgRRoRgh74KJJQhxePwX86zu-tOiRfLZJGlPiSa7lKaAsT-TRDSW9-Lf3850wPKmhoX8q3wbTHtbhRGISAE9EuWIWde885itOHGQxs62risi9T2aPBo/s1600/01+ascensor+color+01+170pp.jpg
2. En cada extremo da nosa base (nos extremos dos lapis que xuntamos no paso anterior) teremos que atar ou pegar con cinta dous pedazos de corda ou cordón. Ascensor listo!

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh5RTGQshpFt4BIstaojfPN8TWxE4VanTEUZz5s1_ypSQUMJtY9EV7H6TGfzfiwL4vR8HVeICExgnjGP14KTd-vIoYSfXfx81m9ox_x84MZR7H1Yj1wG44inRorkHri31Wi-jrAZJF2Ayo/s1600/02+ascensor+color+01+170pp.jpg
3. Agora colocamos os doces no ascensor e pasamos as cordas por detrás das nosas orellas, agarramos os extremos do cordón e intentamos manter a base recta para que os caramelos non caian ó chan, subimos moi amodiño ata chegar á nosa boca! O importante do reto é intentalo e pasar un momento moi divertido na casa! 
Na base podes poñer caramelos, doces, anacos de galletas ou chocolate, o que queirades! Moito ánimo, agardamos polas vosas respostas!



RETO CORPO EN FORMA: "Cardio deportes"

Agora toca moverse un pouquiño!! Para o reto corpo en forma de hoxe, traemos unha rutina de cardio en familia de 20 minutiños para aumentar un pouco esas pulsacións. 

A rutina está composta por varios exercicios imitando diferentes deportes como a natación, o ciclismo, a danza, o fútbol, o baloncesto, etc. É unha maneira moi divertida de facer deporte, poñéndolle un pouco de imaxinación. 

Así que... dalle ao PLAY e a disfrutar!!

OLLO! Se 20 minutos son moitos para ti, non te preocupes, fai o que poidas pero nunca esquezas o quecemento ao comezo e os estiramentos ao final da sesión. Son moi importantes para evitar posibles lesións. 



Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!