sábado, 9 de mayo de 2020

CIENCIA NA RÚA

Hoxe, 9 de maio, tíñase que celebrar o DIA DA CIENCIA NA RÚA no parque de Santa Margarita, pero pola situación non vai poder ser. Por iso queremos traervos un pouquiño da súa esencia ao blog ao largo da fin de semana.

Para quen non coñeza o evento é unha celebración científica onde se reúnen colexios, institutos e outros organismos da provincia no parque de Santa Margarita e ofrecen a todo ó mundo xogos, experimentos científicos e exposicións.

Nós traemos experimentos moi sinxelos e divertidos que se poden facer con materiais que podedes ter na casa, por se os queredes facer e mandarnos os resultados. Recordade facer os experimentos sempre supervisados e axudados por adultos!

 LEITE DE CORES, EXPERIMENTO E OBRA DE ARTE

Materiais:
  • Leite, enteira a poder ser.
  • Colorantes.
  • Xabón para los platos.
  • Un bastoncillo para oídos.
Procedemento:
  • Pon leite nun prato fondo e espera a que repose.
  • Bota unhas gotas de colorantes no leite.
  • Molla o bastoncillo en xabón e despois méteo no leite.
  • Sorpréndete co baile de cores!



 NUBE EMBOTELLADA 

Materiais:

  • Unha botella de cristal ou plástico.
  • Unha cortiza ou cinta americana.
  • Alcol.
  • Unha bomba de aire. 
  • Unha agulla.

Procedemento:
  • Primeiro debes abrir a túa botella e verter un pouco de alcol nela. Bastará cun par de cucharadiñas.
  • Agora vira a botella para que o interior se cubra por completo de alcol. Ademais, desta forma axudas a que o alcol comece a evaporarse dentro da botella. Dálle varias voltas para que o alcol impregne ben toda a botella por dentro. 
  • Pecha coa cortiza a botella. A cortiza debe ter un burato do tamaño da agulla que imos empregar para meter aire na botella, podes empregar unha agulla para facelo. Tamén podes usar cinta americana, pero debe quedar hermeticamente pechado. Se se escapa algo de aire, non poderás crear a túa nube. 
  • Agora temos que bombear aire na botella. Usa para iso a túa bomba de aire coa que seareiras as pelotas. Ademais, para ver mellor a nube, recoméndoche que poñas algo de cor debaixo, xa que a nube será branca. Pode ser unha lámina de goma eva ou un pano de cor.  
  • Aperta ben a túa bomba de aire contra a abertura da botella. E bombea aire, unhas 10 veces, conta e notarás que a túa botella está chea de aire. Entón, é o momento, debes soltar a bomba con rapidez. E LISTO! 



FLUÍDO NON NEWTONIANO, SÓLIDO OU LÍQUIDO? EXPERIMENTO CON MAICENA

Neste experimento pode ser que nos manchemos un pouco, pero é moi divertido, facédeo nun sitio que poidades limpar fácilmente ao acabar!

Materiais: 
  • Maicena ou fariña fina de millo.
  • Auga. 
  • Un recipiente grande.

Procedemento:

O primeiro que temos que facer é botar unha boa cantidade de  maicena no recipiente que vaiamos usar. A continuación, iremos botando auga aos poucos e removendo a mestura ata que consigamos a textura desexada. Podemos removela con algunha culler ou con nosas mesmas mans, imos acabar  pingando igual.

Para comprobar que conseguimos a textura idónea, tan só temos que dar un golpe seco e observaremos que a mestura se mantén sólida, mentres que se metemos a man lentamente a mestura actuará como un líquido. A partir de agora podemos xogar a moldear rapidamente unha bóla para que non se desfaga e comprobar como ao parar a substancia se " derrete" entre os nosos dedos. Tamén podemos xogar a dar unha puñada á mestura (sen pasarnos) ou a aplicar moita presión sobre ela de calquera outra maneira.






GALAXIA NUNHA BOTELLA
  
Materiais:
  • Frascos ou botellas.
  • Algodón.
  • Pinturas acrílicas ou colorantes alimenticios.
  • Purpurina.
  • Auga
Procedemento: 
  • Baleira un pouco de auga nun frasco, acto seguido engade unha pinga da cor que queiras.
  • Agrega algodón no fondo doutro frasco e esténdeo ben.
  • Verte a auga que tinguiches ata que se empape totalmente o algodón e se absorba ben a auga.
  • Agrega un pouco de brillantina e revolve ata esparexela ben por todo o frasco.
  • Repite o mesmo procedemento para crear as seguintes capas de cores ata tapar o recipiente.
Non importa que as cores se mesturen, isto daralle o efecto que necesitamos para simular a galaxia. Lembra que as cantidades do material que empregues dependerá do tamaño da botella, podes facer galaxias de diferentes dimensións e cores, cos frascos ou botellas que xa teñas na túa casa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.