lunes, 11 de mayo de 2020

RETO!

RETO 22: 11 DE MAIO DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "AGOCHADOS"

Ola rapazas e rapaces!! Hoxe propóñovos xogar connosco ao agocho. Como non podemos xogar a agocharnos nós, imos agochar cousas e vós teredes que atopalas.
Buscade os obxectos perdidos nestas imaxes, mirade ben e atopalas todas.
 




RETO RÁPIDO:
Agora que xa practicaches un pouco, atopa a ovella.
Dinos onde aparece a ovella, escribe a túa resposta na casilla de comentarios ao pé da entrada, rápido! rápido! sé o primier@ en enviar a resposta. 



 PROBA  CORPO EN FORMA: “GLOBO- VOLEY”.

Nesta ocasión, vai ser o reto de ser o mellor en casa, haberá unha pequena competición entre os membros da familia. Para esta competición xogaremos ao “GLOBO- VOLEY”.




Para xogar ao globo-voley necesitamos un pouquiño de espazo en casa e dividir a zona onde xogaremos en dous campos. De material para este xogo necesítase só un globo. 

O obxectivo é conseguir que o globo toque o chan no campo contrario. Para este xogo pódese utilizar calquera parte do corpo e só poderanse facer dous toques ao globo, un toque será para evitar que o globo toque o chan e o seguinte toque usáse para tentar facer o punto no campo contrario. 

O partido durará 7 puntos, o primeiro que chegue a 7 puntos gañará o partido. Quen é o mellor de casa? Moita sorte no partido.


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 



Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.