PIZZA DE FROITAS
As pizzas poden converterse nunha comida para nenos moi nutritiva. E se non, fixarvos na proposta de hoxe, unha pizza de froitas, perfecta como prostre para nenos ou para triunfar nunha festa infantil.
E o mellor de todo é que é moi fácil de facer e mesmo poden axudar os nen@s.
Ingredientes:
1 cunca de azucre branco granulado.
3 culleradiñas de maicena.
1/8 de culleradiña de sal.
¾ de cunca de auga.
1 cunca de zume de laranxa.
¼ de cunca de zume de limón.
220 g. de queixo crema.
1 culleradiña de vainilla.
½ cunca de azucre branco granulado.
Masa de galletas (a da túa preferencia), galletas e manteiga.
Pedazos de froitas diversas (piñas, kiwis, amorodos, uvas, plátanos, etc.)
Preparación:
Mestura os primeiros 6 ingredientes para obter unha salsa de laranxa. Pona ao lume por 1 minuto e logo déixaa arrefriar.
Prepara a túa receita favorita de galletas, amasa e aplana un círculo de ½ cm de espesor e colócao nunha bandexa de forno engrasada. Pona ao forno a 160-170 º C durante 8-10 minutos. Deixa que se arrefríe.
Bate o queixo crema coa vainilla e a media cunca de azucre e unta a mestura na galleta. Coloca encima as froitas e baña a pizza coa salsa de laranxa.
Mete a pizza na neveira 3-4 horas antes de servila.
E a gozar desta deliciosa pizza de froitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.