RETO 21: 8 DE MAIO DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "MENSAXE NA ESPALDA"
Hola un día máis rapaces e rapazas! Hoxe imos tentar transmitir mensaxes (palabras, debuxos, etc) a través de formas que imos realizar cos nosos dedos nas costas do noso compañeiro ou compañeira para que este ou esta intente adiviñar a idea que queremos comunicarlle.
Deixamos un vídeo por aquí para que vexades a idea máis ou menos.
PROBA CORPO EN FORMA: "A SERPE"
No reto físico de hoxe ímonos converter en serpes. Para iso precisamos unha manta, por exemplo, para envolver todo o corpo, pernas e brazos incluídos. Unha vez convertidos en serpes, temos que buscar unha zona na casa por onde reptar, o corredor da casa pode ser un bo lugar. Podemos botar carreiras con familiares ou cronometrarnos para saber canto tardamos en percorrelo corredor coma serpes. Deixamos un exemplo a cargo de Darío, parece fácil, pero cansa! Ánimo!
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.