domingo, 10 de mayo de 2020

CIENCIA NA RÚA 2

Traemos outros poucos experimentos no noso fin de semana temático de ciencia, xa que non podemos ir ao día da ciencia na rúa o mellor que podemos facer é traelo a casa!
Recordade facer os experimentos sempre supervisados e axudados por adultos!



ARCO DA VELLA DE CARAMELOS

Experimento feito polas nenas e nenos de POE do noso cole.

Materiais:
  • Un prato (preferiblemente branco)
  • Caramelos con cuberta azucrada (como Skittles ou  M& M´ s)
  • Auga

Procedemento:
Coloca os caramelos no bordo do prato. Podes ordenalos creando as cores do arco da vella, diferentes patróns ou segundo a orde que prefiras. Logo, verte auga no centro do prato ata cubrir os caramelos ata a metade. Se se moven colócaos no seu lugar rapidamente. Espera uns poucos segundos e observa con atención o que sucede. Un arco da vella irá aparecendo no voso prato!

 

 GLOBO COMECONFETI

Materiais:
  • Un globo.
  • Confeti ou anacos pequenos de papeis.
  • Un rotulador permanente.
  • Unha prenda de la.
Procedemento:
O primeiro paso é inflar o globo e atalo. A continuación, poñemos unha boa cantidade de  confeti ao longo dunha mesa ou no mesmo chan e pasamos o globo un par de centímetros por encima. Que ocorre? Nada, o globo non se come o confeti.

Que pasa? Pois que o globo non ten boca! Así que o seguinte paso é pintarlle co rotulador unha gran boca e un par de ollos. A boca terá tamén uns bos dentes, así que o último paso é "limalos" cunha peza de la. Simplemente fregamos a boca do globo contra esta peza durante aproximadamente un minuto e listo!

Agora si, volvemos pasar o globo por encima do confeti e... ESTÁ A COMELO! Poderemos comprobar como unha chea de anacos quedan pegados na boca. Como é posible que un globo sexa tan glotón?



TORNADO EMBOTELLADO

Materiais:
  • Dúas botellas transparentes grandes.
  • Auga.
  • Colorante (non é necesario).
  • Cinta adhesiva forte(do tipo cinta americana).
  • Ferramenta para furar o tapón conector de botellas (tamén podemos facer un buraco nos dous tapóns e conectalos con cinta illante).

PROCEDEMENTO


Enchemos unha das botellas de auga (3/4 aproximadamente da súa capacidade ou case chea).

Engadir o colorante á auga da botella.

Coa ferramenta facemos un buraco no centro de cada un dos tapóns e  enroscamos en cada botella.

Unimos ambas as botellas polos seus tapóns e asegurámola coa cinta adhesiva fortemente.
 
Damos a volta ás botellas de tal maneira que a botella chea de auga quede encima e observamos como cae a auga formando burbullas.
 
Damos a volta ás botellas de tal maneira que a botella chea de auga quede encima de novo e facemos movementos circulares provocando que a auga do interior da botella chea empezo a virar, creando o remuíño.   

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.