miércoles, 6 de mayo de 2020

RETO !

RETO 20: 6 DE MAIO DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Meditamos"


Moi boas nenos e nenas! Hoxe vamos probar algo de meditación. Isto axudaranos a tomar uns minutos para esquecernos de todo e centrarnos só en nos mesmos para conseguir descansar e relaxar a nosa mente. Este exercicio require moita concentración polo que busca un lugar tranquilo e sen ruído para levalo a cabo.

Preme o PLAY do vídeo que que deixamos a continuación, pecha os ollos e déixate levar. Para unha experiencia máis completa, é recomendable o uso auriculares.

Adienate mini budas!






PROBA CORPO EN FORMA: “XOGO DA GALLETA”.

O reto de hoxe consiste en mover os músculos máis difíciles do corpo humano, os músculos da cara. Para este reto só necesítase unhas poucas galletas. 


O obxectivo é comer a galleta pero non vale usar as mans. Hai que poñer a galleta na fronte e baixala ata a boca para comela sen que a galleta caia ao chan. 


SERÁS CAPAZ DE FACELO Á PRIMEIRA?….MOITA SORTE.


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 




Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.