RETO 23: 13 DE MAIO DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "Enigmas"
Ola nenos e nenas! O reto de mente en forma de hoxe será un reto rápido e poderedes contestar a este nos comentarios de esta mesma publicación. A continuación deixaremos varios enigmas que tedes que tentar descubrir. ÁNIMO!
1. Se ti vas conducindo un autobús con 25 persoas e báixanse 15, cantos anos ten o conductor?
2. Se tes 7 velas acesas e apáganse dúas, cantas velas che quedan?
3. Un galo sobe ao alto da montaña e pon un ovo. Se o vento sopra de Leste a Oeste, cara onde caerá o ovo?
4. Se Ana fala máis baixo que Carmen e Elia fala máis alto que Carmen, fala Ana máis alto ou máis baixo que Elia?
PROBA CORPO EN FORMA: “GLOBO-TENIS”
Para este xogo necesítase unha raqueta ou un obxecto calquera que nos poida servir como raqueta e a mesma zona que se utilizo no reto anterior do Globo- voley.
Esta vez os partidos van disputar en 3 sets de 7 puntos cada un, o que gañe 2 sets gaña o partido.
Moita sorte e a gañar!!!
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.