CURIOSIDADES SOBRE O DEPORTE
Ola nenas e nenos, hoxe imos achegarnos ao mundo do deporte, imos lembrar o importante que é para a nosa saúde e algunhas curiosidades que seguro non saibas.
A práctica habitual de exercicio físico moderado contribúe ao mantemento dun bo estado xeral de saúde e axuda a estar ben, sentirse san e ter vitalidade, facilitando o bo funcionamento dos diferentes órganos e sistemas do corpo.
Adéstrase o corazón, o sistema respiratorio, óseo e sanguíneo e favorécese o mantemento dun bo estado de ánimo, máis forte para afrontar os problemas e contratempos do día a día.
O deporte é unha estupenda posibilidade de desenvolvemento emocional e físico. Combinado cunha alimentación equilibrada e saudable, o exercicio físico é a base dunha boa saúde.
Sabes cal é o deporte que máis se practica no mundo?
Por incrible que pareza, a natación é o deporte máis practicado do mundo con 1.500 millóns de persoas no mundo. As piscinas de todo o mundo, e seguramente tamén as praias para quen nade en augas abertas, énchense cada día de nadadores para gozar dun dos deportes máis completos que existen en canto ao exercicio que nos fai realizar.
Sabes cal é o deporte máis completo?
A Natación: Coñécese como o deporte máis completo que existe porque grazas á natación podemos traballar a totalidade dos músculos do corpo. E non só iso, xa que ademáis, cando nadamos, melloramos os sistemas cardiovascular e respiratorio.
Con este exercicio aumentamos a forza e a resistencia muscular, principalmente das costas. Á súa vez, melloramos a elasticidade dos músculos e a flexibilidade das articulacións. Coma se todo isto non fose suficiente, a natación é boa para o corpo, xa que nos relaxa e descontractura.
Sabes cal é o deporte máis antigo da historia?
A Loita: En Exipto acháronse pinturas rupestres que datan do ano 2 000 a. C. nas que se poden ver secuencias de loita libre. O deporte pasou a Grecia e a Roma, onde se fixo máis ‘famoso’.
Dise entón que a loita é o deporte máis antigo do mundo. Mesmo é o primeiro que ten unha especie de ‘manual de instrucións’ e consellos para adestrar as diferentes técnicas, segundo un escrito achado en terras gregas.
Sabes cal é o deporte máis difícil?
O boxeo: Está considerado un dos máis difíciles debido a que o xogador debe manter altos niveis constantes de axilidade, coraxe, enerxía, forza, prolongación, elasticidade, coordinación, velocidade, poder de análise etc.
O cal implica unha síntese complexa de competencias esixentes para calquera xogador do devandito deporte.
Agora xa coñeces algún dato curioso sobre os deportes pero o máis importante é que todos dediquemos tempo a practicar algún exercicio físico para manternos fortes e sans.