miércoles, 22 de abril de 2020

RETO !

RETO 14: 22 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Carta sobre o confinamento"

Moi boas cativos e cativas! Que tal andan eses ánimos familias? Como xa sabedes, levamos un pouco máis dun mes tentando salvar o mundo desde os nosos fogares e queremos saber como o levades. Toca tempo de reflexión e imos escribir unha carta ao respecto centrándonos nalgúns aspectos en concreto que citaremos ao final.

Podela dirixir a a quen queiras (a nós os teus compañeiros e compañeiros de Xaque ao Virus, aos teus pais, avós, etc) pero queremos que a compartades. É dicir, que nos mandedes unha foto da carta ou vos gravedes un vídeo léndoa. 

Se te animas e che apetece, podes ata mandala por correo ordinario a casa dalgún familiar ou amigo e deste xeito retomamos antigas costumes e fixo que lles fai moita ilusión recibilas. Ademais, se os que viven convosco tamén queren participar e facer a súa propia carta, benvidos serán.

Escribir é un hábito moi beneficioso para a nosa saúde mental e axuda moito en situación como a que estamos a vivir. Cando escribimos sobre o que estamos a sentir sobre o papel, deixamos neste as preocupacións e os problemas que nos atormentan e fainos sentir moito mellor con nos mesmos. Sacamos un gran peso de enriba. 

Con isto conseguimos ordenar o noso pensamento e non deixar nada no tinteiro dado que cando falamos isto a veces falla e non conseguimos explicarnos de todo ben e... frustrámonos. Vamos evitalo! Mans a obra! 

Cóntanos sobre os seguintes aspectos:

  • Beneficios do confinamento (exemplo: pasar máis tempo cos meus pais, polo ben común, etc)
  • Contras do confinamento.
  • Que é o que máis botades de menos?
  • Que é o que máis che apetece facer ao saír?
  • Aprendiches algo desta experiencia?
  • Cóntanos se retomaches algo que tiñas aparcado.
  • Que fas para matar o aburrimento?
  • Valoras máis as cousas?

Se queres contarnos algo máis que non se mencione... adiante! Estamos desexando lervos!



PROBA CORPO EN FORMA: "A FEIRA"


Imos levar a feira a casa cun divertido reto que esta presente en toda as feiras, verbenas e romarías que che atopas durante o verán.

Este desafío ten como obxectivo derrubar as latas de aluminio cun lanzamento dunha pelota. 



O material que se necesita é:
- 3 ou 6 ou 10 latas de aluminio ou de conservas. 
- Unha pelota ou un rolo de calcetíns ou a bóla de malabares que fixemos nun reto con anterioridade.

Coloca as latas coma se fose unha pirámide (como esta na imaxe). Pódense colocar no chan, encima dunha mesa, onde vos sexa mellor para tentar este desafío. 

Cando teñades as latas colocadas, afastarémonos 10 pasos. E desde aí o obxectivo é derrubar as latas cun só lanzamento, non pode quedar ningunha lata de pé.



Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus



Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.