jueves, 2 de abril de 2020

COCIÑA COA CATIVADA

XEADO SAUDABLE CON SÓ DOUS INGREDIENTES 

Quen se resiste a comer un xeado de cando en vez? Moitas veces son opcións cheas de azucre pouco saudables, este xeado é fácil, rápido e moi rico.
Un dos puntos chave dunha receita para que triunfe ca cativada é que sexa rápida e sinxela. Aos poucos, a medida que vaian asimilando e interiorizando movementos e procesos na cociña podemos ir complicando as receitas. Este xeado podédelo preparar calquera tarde para merendar. É delicioso, sinxelo e é outra forma de que as nenas e os nenos coman froita.


INGREDIENTES
-2 PLÁTANOS
-2 culleradas de CACAO (cacao 100% natural) 

PREPARACIÓN
Pelamos os plátanos e colocamos no conxelador un par de horas. Torar os plátanos e procesámolos, cunha batedora ou cunha thermomix.
Por si só o xeado de plátano xa está moi rico, neste caso engadímoslle 2 culleradas de cacao e volvemos bater por un par de minutos e... Listo! Xeado preparado para comer. Con esas cantidades sáeche como para dúas veces, pódese comer no acto ou facer porcións e meter ao conxelador e logo habería que sacar uns 15 minutos antes de consumir.

ADEREZO

-3 culleradas de sirope de agave
-2 culleradas de cacao
-4 noces
Mesturamos o sirope de agave co cacao. Quedará un chocolate delicioso. Torar as noces e botámolas por encima do noso xeado. É unha idea de aderezo pero podemos poñerlle o que se nos ocorra, froitas, algunha marmelada natural…

NOTAS NUTRICIONAIS
O plátano é unha froita con múltiples calidades nutricionais. As noces son unha gran fonte de enerxía para a cativada. Máis da metade do seu peso son graxas insaturadas, ricas en proteínas e vitaminas do grupo B –moi importantes para o cerebro do neno –, e minerais como o fósforo, o ferro e o potasio. 

Precaución! As noces ou froitos secos non se recomendan ata os dous anos polo seu alto poder alérxico, e recoméndase dar triturados para evitar o risco de atragoamento.

SE VOS ANIMADES A FACELO ENVIÁDENOS FOTOS OU VÍDEOS, E ASÍ GAÑAMOS UNS ANTIVIRUS EXTRA, APERTAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.