lunes, 27 de abril de 2020

RETO 16

RETO 16: 27 ABRIL 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "XOGOS DE PALMAS"

Ola familias! Hoxe vou a propoñervos uns xogos de palmas, eses xogos de toda a vida aos que xa xogaron os vosos pais e mesmo os vosos avós. 

Seguro que coñecedes algún, xogariades algunha vez cos vosos amigos no patio do colexio ou no parque. 

Déixovos aquí algúns exemplos para que empecedes, podedes tentar estes ou calquera outro que vós vos saibades.

 CHOCOLATE:
Cho-co-la-te
Cho-co, cho-co, la-la
Cho-co, cho-co, te-te
Cho-co-la, cho-co-te
Cho-co-la-te


PIKACHU:
Pi-ka-chu
pica por arriba
pica por abajo
pi-ka-chu
pi-ka-chu



EN LA CALLE 24:
En la calle-lle-lle…
veinticuatro-tro-tro…
ha habido-do-do …
un asesinato-to-to,
una vieja-ja-ja…
mató a un gato-to-to…
con la punta-ta-ta…
del zapato-to-to…
pobre vieja-ja-ja…
pobre gato-to-to…
pobre punta-ta-ta…
del zapato-to-to.


 PROBA CORPO EN FORMA: "BALONCESTO".

Seguimos lanzando bólas como os últimos retos, neste caso será cara a unha canastra. 

Para este reto necesítase:

- Unha pelota ou a bóla de malabares ou calquera obxecto que sexa redondo que se poida lanzar.
- Un obxecto de casa que nos sirva de canastra, como o cesto da roupa ou unha papeleira ou un cubo, etc.

Primeiro realizar varios lanzamentos para practicar e logo aceptar o seguinte reto que terá varios obxectivos:

1) Encestar 10 veces.
2) Encestar 5 veces seguidas con cada man.
3) Encestar sentado en chan.
4) Encestar dando as costas á canastra.
5) Encestar cos ollos  vendados. 

Moito ánimo e sorte con este reto. 


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!