domingo, 26 de abril de 2020

PANDEMIA DE CONTOS

Hoxe traémosvos o Colectivo Noga. É un colectivo especializado na narración e que está a ter unha bonita iniciativa a través de Youtube, onde, na súa canle, están a transmitir unha PANDEMIA DE CONTOS, historias para tódalas idades, para adultos, infantís e para toda a familia. 

Nós queremos invitarvos a visitalos e queremos tamén deixarvos aquí algunha das súas historias. RECOMENDADÍSIMOS para a cativada e para adultos!  CANLE COLECTIVO NOGA