RETO 13: 20 DE ABRIL DE 20
PROBA MENTE EN FORMA: "Canción xestual"
Moi boas nenos e nenas! Benvidos un día máis! Na proba de mente en forma de hoxe, imos necesitar que escollades unha canción (a que máis vos guste) para despois traducila a linguaxe xestual, é dicir, intentar transmitir o que di a letra da canción con xestos corporais (coas vosas mans, con xestos da cara, etc).
É importante que escollades unha sinxela de interpretar para que se poida deducir sen problema o que queredes transmitir.
Aquí vos deixamos un mini exemplo coa canción "Madre tierra" de Chayane:
AGORA É A VOSA QUENDA!!
Xa levamos moitos días sen poder saír da casa, sen poder facer a nosa vida normal, necesitamos un cambio e cremos que achegándonos ao universo do ioga podemos axudar a canalizar esa desesperación que nos xera a situación na que nos atopamos.
O ioga é unha práctica que conecta o corpo, a respiración e a mente. Esta práctica utiliza posturas físicas, exercicios de respiración e meditación para mellorar a saúde xeral, moi recomendable para reducir o estrés.
Mostrámosvos algúns dos beneficios que ten esta práctica para os nenos:
Agora dámosvos unhas posicións básicas de ioga que podedes facer todos:
Realiza os exercicios das posicións que che propoñemos con calma, mantendo a posición uns 30 segundos, respirando profundamente e expulsando o aire lentamente.
Déixovos este vídeo para que vexades como podedes facer e seguir as súas indicacións:
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.