RETO 11: 15 DE ABRIL DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "Manualidades de Pascua"
Moi boas pequechos e pequechas! É ben certo que levamos moito tempo sen facer manualidades. Imos retomar iso na proba de mente en forma que vos expoñemos no día de hoxe. Xa que este domingo foi o famoso Domingo de Pascua, vamos a levar a cabo manualidades ao respecto.
Para iso, deixámosvos varios exemplos nos vídeos explicativos que vos poñemos a continuación pero xa sabedes que non é estritamente obrigatorio e sempre sodes libres de deixarnos coa boca aberta coa vosa infinita imaxinación e creatividade. A FUNCIONAR!!
PROBA CORPO EN FORMA: "Suavicesto"
Ola familias, hoxe queremos achegarnos aos deportes alternativos a través do "suavicesto", para iso necesitamos construír o noso propio material antes de empezar a xogar.
Necesitaremos: dúas botellas de suavizante ou lixivia con asa, tesoiras ou cuter, papel para reciclar e cinta adhesiva.
Ao choio: recortaremos (coa axuda dun adulto) o fondo da botella e quedarémonos coa parte do tapón e do asa, faremos bólas co papel e poñerémoslles cinta adhesiva para facer as pelotas, podedes velo nas fotos.
1.
2.
3.
Xa temos listo o material, agora comeza o xogo: temos que ser dous xogadores, situámonos un fronte a outro e pasarémonos a bóla dende unha botella á outra, usando só a botella tanto para lanzar como para recibir a bóla.
Aquí déixovos un vídeo para ver como se xoga, non buscamos a perfección só a diversión.
Podemos usar o mesmo material para facer a nosa pista de minigolf usando un paraugas, escoba ou outro material que se nos ocorra.
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.