sábado, 25 de abril de 2020

CURIOSIDADES MUSICALES


CURIOSIDADES SOBRE A MÚSICA 
 A música forma parte da nosa vida, escoitamos música sin darnos de conta, cando vemos a televisión, cando vamos no coche... Non importa se nos gusta máis o rock, a música clásica, bandas nacionais ou as internacionais, todos temos algo en común; a música. Pero, sabemos como afecta a música no noso corpo, no noso día a día ou no mundo que nos rodea? Imos a contarvos curiosidades sobre a música en xeral que seguramente non saibades!


  • Escoitar música é unha das poucas actividades que implican o uso de todas as partes do noso cerebro.
  • Ao escoitar música, o teu corazón modifica os seus latexos para intentar imitar o ritmo da música que escoitas.
  • Sabedes iso de ter todo o día unha canción soando na nosa cabeza e non poder parala? Este fenómeno coñécese como “verme musical”.
  • Ao escoitar rock ou pop nosa resistencia física pode aumentar un 15%.
  • Cando escoitamos música libérase  "dopamina" no noso cerebro, un neurotransmisor que nos provoca placer.
  • A música pode axudarnos nos procesos de razoamento e mellora notablemente as áreas motoras do noso cerebro. Por iso crese que a música xurdiu para “axudarnos a todos a movernos xuntos”.
  • A música escoitada se garda en áreas do cerebro diferentes ás dos recordos, por iso as persoas con Alzheimer son capaces de lembrar melodías do seu pasado.
  • Tocar algún instrumento musical pode mellorar a comunicación verbal.
  • As flores poden crecer máis rápido se hai música á súa ao redor.
  • O tipo de música que nos gusta á idade de 20 anos adoita ser o tipo de música que nos gustará o resto da nosa vida.
  • Os bebés aprenden antes o significado das emocións da música antes que o significado das palabras.
  • A forma na que concibimos o mundo vese condicionada polo tipo de música que escoitamos.


Estas son algunhas curiosidades, e vós, coñecedes algunha máis?

Hay moitas formas de achegarse a música, hoxe imos a facelo a través do ritmo. Poñemos un exemplo do fácil que pode ser facer música con calquer cousa que teñamos a man ou mesmo co noso corpo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.