OS MISTERIOS DE EXIPTO
Seguramente algunha vez verías en libros, na televisión ou na computadora, as marabillosas que son as pirámides de Exipto.
Aínda que hai teorías «oficiais» de como os exipcios construíron estes enormes monumentos, a verdade é que hai investigadores que se preguntan se viñeron seres extraterrestres a axudalos. Será posible?
DR: Datos Reais son os datos que coñecemos da historia.
DO: Datos da Outra historia son os datos nos que se fala de extraterrestres.
A IDADE DAS PIRÁMIDES
DR: Os especialistas din que a Gran Pirámide de Keops construíuse fai 4700 anos.
DO: En cambio, algúns investigadores de fenómenos paranormais din que ten máis de 12 mil anos, máis vella do que se pensa.
A CONSTRUCIÓN
DR: Sabemos que o pobo de Exipto traballou durante 30 anos na edificación da Gran Pirámide. Construíron unha rampla pola que arrastraban os bloques de pedra que funcionaban como enormes ladrillos.
DO: Algúns pensan que os exipcios tiveron a axuda de extraterrestres na construción das pirámides, quen usaba a súa poder mental para levantar os grandísimos bloques de pedra.
O PORQUÉ
DR: As pirámides eran as tumbas dos faraóns exipcios, pero co tempo foron roubados todos os seus tesouros, así que as momias foron escondidas para protexelas dos ladróns.
DO: Dise que as pirámides non conteñen momias porque foron construídas como estacionamentos de naves extraterrestres e para gardar información secreta.
A TECNOLOXÍA
DR: Para levar dun lugar a outro as pedras xigantes, os exipcios usaron pancas, rodetes e ramplas, e cortaban os bloques usando martelos feitos con pedras máis duras.
DO: Algúns investigadores pensan que os exipcios xa tiñan electricidade e que tiñan ferramentas eléctricas, como as que usamos hoxe, para cortar os bloques de pedra.
ACHADOS
DR: En 1922, tras 28 anos de procura, Howard Carter atopou no Val dos Reis a tumba do faraón Tutankamen.
DO: En 1988, o exiptólogo Louis Caparat atopou dentro da pirámide de Keops o corpo dun ser de aparencia extraterrestre.
A verdade é que nin sequera sabemos se en realidade existen os extraterrestres, pero é divertido pensar que outros seres viven no gran universo e que ademais algunha vez visitaron o noso planeta para axudarnos a construír cidades moi bonitas e interesantes…
TI QUE PENSAS?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.