miércoles, 29 de abril de 2020

RETO !

RETO 17: 29 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Alfabeto Dactilolóxico"

Ola raparig@s!! Benvid@s un día máis ao blog. Hoxe imos xogar un pouco co "Alfabeto Dactilolóxico". Este alfabeto é a representación manual das letras do noso abecedario. É un complemento a coñecida lingua de signos. Aquí o tedes:


Tamén vos deixamos un vídeo onde se ve mellor a xesticulación de cada unha das letras:


Vale, agora ímolo poñer en práctica!! Envíanos os teus vídeos ou fotos traducindo o seguinte co Alfabeto Dactilolóxico: 
(Se che parecen moitos escolle só algúns deles)

1. O TEU NOME E APELIDOS.
2. Coello.
3. Estoxo.
4. Morriña.
5. Vacaloura.
6. Bico.
7. Ledicia.
8. Toxo.
9. Miñaxoia.
10. Sapoconcho.

PROBA CORPO EN FORMA: "A FEIRA II".

Volvemos á feira, a eses xogos de feira que nos atopamos en cada verbena. E neste caso o reto consiste no xogo dos aros.


 

Para este xogo necesitaremos:
- 5 aros pequenos.
- 1 botella ou rolo de papel de cociña ou papel hixiénico.

Se non dispoñemos de aros en casa, pódense facer da seguinte maneira:
1) Con cartolina ou folios debuxamos dous  círculos de 3 e 6 centímetros de radio. (aquí pódennos axudar mama ou papa).
2) Cunhas tesoiras, cortamos os dous  círculos e quédanos como un  donut.
3) Desde a parte máis grande, enrolamos cara á parte máis pequena para que nos quede como un aro.
4) Para que nos quede firme, poñemos celo e xa temos os nosos aros.

O xogo consiste en lanzar os aros e acertar na botella ou no rolo de papel. A dificultade do xogo elíxela o teu:
- A distancia á botella será de 5, 7 ou 10 pasos. Cuantos máis pasos, máis dificultade.
- O número de botellas ou rolos de cociña ou rolos de papel hixiénico. Cuantos máis botellas ou rolos están xuntos, mais difícil vai ser (como a seguinte imaxe).



Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.