miércoles, 8 de abril de 2020

RETO !

RETO 8: 8 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Adiviña, adiviñanza"

Moi boas raparigos e raparigas! Esperamos que todos e todas esteades de marabilla porque, para o reto de hoxe, necesitamos que aproveitedes ao máximo a vosa máquina de pensar. E diredes... máquina de pensar? Si, efectivamente, referímonos ao voso espléndido CEREBRO!! Adiviñastes!! 

Como vemos que se vos da moi ben isto de adiviñar... aquí vos deixamos unha serie de adiviñanzas no vídeo e na táboa que vos poñemos a continuación.

Unha vez que as teñades resoltas, vos mesmos podedes enviarnos vídeos coas vosas propias adiviñanzas que... nos tamén queremos xogar!! Estamos desexando que nos poñades a proba!!
                                                                     


Queres te?
Pois toma te!
Sabes ti que froito é?
Pinguiñas de azucre
penduradas nunha rede
se queres hainas negras
se queres hainas verdes.
Brinca e rebrinca
salta e non anda
leva moitos golpes 
e nunca se manca.
Teño números 
e non ser ler
ti velos do dereito
e eu do revés. 
Nube con catro patas
brinca pola eira
chama por ela 
verás que bailadeira.
Sei falar contigo 
apurado e devagar
sei case de todo 
e non sei andar.
Tuso de seguida 
se estou a viaxar
déixame quieto
para parar de afumar.
Sempre mollado 
sempre calado
teño cola
e non teño rabo.
Na miña cabeza 
só hai dentes
non verás ollos 
por máis que o intentes.
Ouro parece,
prata non é,
sabes dicirme
que froita é?



PROBA CORPO EN FORMA: "Os Xogos Olímpicos".


Este ano ían ser os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, xa que se cancelaron, faremos a nosa propia versión e realizaremos os Xogos Olímpicos na casa.

Primeiro imos realizar uns exercicios para prepararnos:

1º Exercicio - Unha carreira de pequeno percorrido, camiñando ou correndo, da túa habitación á cociña. Tés que dar 5 voltas.

2º Exercicio - Coller unha pelota ou envolver uns calcetíns. Atópaste de pé e lanzas a pelota cara arriba. E antes de que toque o chan, séntaste e colles a pelota.

3º Exercicios - Agora toca ao revés. Empezas sentado e lanzas a pelota cara arriba. Póste de pé e antes de que toque o chan colles a pelota.

4º Exercicio - Coller ao teu pai/nai ou irmá/irmán e lanzar a pelota 10 veces con cada man entre vós.

Agora que xa quentamos, estamos listos para os Xogos Olímpicos. Hai que realizar tres probas dos Xogos Olímpicos na casa. Como non temos moitos elementos na nosa casa, queda baixo a vosa imaxinación para representar as seguintes tres probas:

- Unha proba de Atletismo. Tanto pode ser una carreira ou saltos ou lanzamentos.

- Unha proba de Natación. Tanto pode ser unha carreira ou sincronizada ou saltos á piscina.

- Unha proba de elección libre, escollédela vós. Déixovos aquí unha ligazón para que poidades ver todas as modalidades que competían nos Xogos Olímpicos.


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estén anotados nas actividades extraescolares, isto é para desfrutar todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.