viernes, 24 de abril de 2020

RETO!


RETO 15: 24 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "A CAIXA MÁXICA"


Hoxe, aproveitando que onte foi o día do libro, queremos propoñervos que creedes unha historia. Para facela precisades unha caixa e, dentro dela, tedes que meter obxectos, como xoguetes, bonecos, debuxos de cousas feitas por vós (planetas, animais, medios de transporte, montañas...). En resumen, as imaxes ou as cousas que queirades. Como sempre, corre a conta da vosa imaxinación, que sabemos que tedes moita!

E diredes, por que precisamos iso para facer unha historia? Pois porque ides inventala historia a medida que saquedes cousas da vosa caixa. 

Por exemplo, se sacades de primeiro un osiño de peluche: “Hai moitos, moitos anos, nun bosque moi lonxe, vivía un osiño que se chamaba Rodrigo, gustáballe moito o mel e pescar...”

Tras facer unha frase teredes que retirar outro obxecto, poñamos que o segundo que nos sae é un barco de xoguete, entón teríamos que continuar a historia do osiño Rodrigo e incorporar o barco: “...un día Rodrigo ía polo bosque cantando, dirixíase ao río a pescar. Cando chegou ao río atopouse cun barco enorme, no que había un montón de xente, nunca vira tal cousa!...” 

E así seguiremos sacando obxectos da caixa ata ter a nosa historia improvisada.

Podedes envialas escritas ou en vídeo contándonos vós as historias! 

PROBA CORPO EN FORMA: "BIRLOS"


Xa que lanzamos bólas co reto anterior, agora no canto de lanzar a bóla polo aire, lanzarémola  polo chan para golpear uns birlos. 



Para isto necesítase: 

- 10 botellas de plástico ou latas de conserva (que se poden decorar). 
- Unha pelota ou calquera obxecto que sexa redondo que pode rodar. 

Os birlos colocásense como se fose unha pirámide (como pon a imaxe). E o obxectivo é tentar derrubar todos os birlos. 

Os obxetivos deste reto son… 

- Derrubar os 10 birlos á primeira ou, se non o consegues, intentar derrubar os 10 birlos 3 veces seguidas. 
- Derrubar os 10 birlos, 5 veces seguidas. 
- Derrubar os 10 birlos cos ollos pechados. 

Espero que sexades capaces de conseguir estes obxectivos, estarei a esperar os vosos vídeos. MOITA SORTE!!! 

Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus 
                      1 vídeo = 10 antivirus 

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!