jueves, 23 de abril de 2020

COCIÑA CA CATIVADA

TORTA DE CHOCOLATE E NOCES TIPO BROWNIE 



  Ingredientes:
  •  1 Tableta de chocolate negro (200 gr)
  • 8 Biscoitos de Soletina
  • 150 gr de Azucre
  • 5 Ovos
  • 125 gr de noces peladas
  • Copa de Brandy (opcional)
  • Raiadura dunha laranxa


Preparación:

Ponse o chocolate ao “baño maría”con dúas culleradas de auga.

Bátense as xemas dos ovos co azucre, engádense os biscoitos desfacéndoos cos dedos, a raiadura da laranxa, as noces picadas e o chocolate co brandy, mistúrase todo moi ben e engádense as claras dos ovos batidas a “punto de neve” moi amodiño.

Esta mistura ponse nun molde untado previamente con manteiga e fariña e métese ao forno a 170 graos durante 30 minutos.
Adórnase espallando por enriba con azucre glas.