RETO 6: 3 de abril de 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "Mímica Disney"
Neste reto de hoxe, tócavos a vós que nos envíes desafíos para nós. E preguntarédesvos de que forma?
Primeiro retarémosvos cuns vídeos de mímica sobre películas Disney para ver se as acertades.
E agora tócavos, a parte de enviarnos as respostas se as acertadas claro, tedes que enviarnos unha representación mediante mímica cunha película Disney, para ver se nós ou os vosos compañeiros somos capaces de acertalas.
DARIO
TANIA
MONTSE
Nesta parte do reto xogaremos a BUSCA DO TESOURO NA CASA!!

Para facelo máis divertido podedes facer o xogo con algunha historia e temática particular, incluso podedes disfrazarvos para metervos máis no papel: piratas, exploradores, paleontólogos, superheroes, fadas e bruxas, etc.
Pasos que recomendamos seguir para unha boa elaboración do xogo:
1. Escolle o tema do xogo (piratas, fadas e bruxas, exploradores, ect).
2. Imaxina unha historia e escribe a carta ou pista coa que se comezará o xogo.
3. Adapta o número e a complexidade das pistas a idade do neno/a que participe.
4. Prepara o tesouro e pensa no seu agocho.
5. Prepara o folla de organización (o nº da pista, onde escondela, a proba ou enigma que deberán de resolver os pequenos/as).
6. Elixe e prepara as probas ou enigmas.
7. Escribe as pistas.
8. Esconde as pistas e o tesouro.
Para máis axuda, entra neste enlace para ver un exemplo detallado e pasos a seguir para o organizador que aparecen ao final deste documento: VER PDF BÚSQUEDA DO TESOURO.
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.