viernes, 17 de abril de 2020

RETO!

RETO 12: 17 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "DE ACAMPADA"

Este fin de semana imos de acampada! Como non podemos saír das nosas casas teremos que acampar no salón, por exemplo.

O primeiro que teredes que facer será a tenda de campaña, empregando sabas, mantas ou do que dispoñades, debaixo dunha mesa, axudados por cadeiras ou con cordas colgantes, como máis vos guste, é un reto para as vosas mentes, deixade voar libre a imaxinación, que xa nos quedou claro que tendes moita!


Unha vez feita a tenda de campaña tedes que decorala con debuxos, mesmamente, e poñerlle algunhas comodidades, coxíns, colchóns...


Tamén é importante que levedes algún que outro libro para as vosas tendas de campaña, aos vosos xoguetes preferidos, xogos de taboleiro, cartas, e algunha lanterna!


Unha vez listas as tendas de campaña e a decoración, teremos que preparar, fóra delas, unha zona para o ocio e as comidas en familia, imitando esas reunións ao redor das fogueiras. Aí poderedes contar historias, cantar cancións e xogar!

Esperamos os vídeos e as fotos das vosas acampadas e, ao longo da fin de semana, compartiremos con vós algunhas historias para contar sentados ao carón das nosas fogueiras imaxinarias!



PROBA CORPO EN FORMA: "ATRAPA A BANDEIRA"

Como estamos de acampada, hoxe faremos o xogo por excelencia de acampada ou de campamentos, o ATRAPA A BANDEIRA.

Este gran xogo pode facerse de diferentes formas:
  • Unha delas é que os teus pais escondan a bandeira pola casa e ti a tes que atopar.
  • Outra maneira é que compitades unha persoa contra outra, cada persoa ten a súa base cunha bandeira e ten que conseguir a bandeira do contrincante.
  • E a última opción, se sodes máis persoas na familia, facer equipos e xogar a atrapar a bandeira do equipo contrario.

Pero antes de empezar o xogo fabricaremos a nosa propia bandeira. Nun folio debuxaremos a bandeira que represente o noso territorio. Cando teñades a bandeira lista toca escondela para que o noso contrincante non a atope, teremos que protexer a nosa bandeira e atopar a bandeira do contrario.

Espero ver primeiro as imaxes das bandeiras e logo IMOS POLA BANDEIRA!!!.



Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.