jueves, 30 de abril de 2020

COCIÑA CA CATIVADA


Sushi sándwich. Receita fácil para facer cos nenos


Unha deliciosa merenda para nenos baseada na cociña xaponesa.
O sushi é un dos pratos máis populares da gastronomía xaponesa, e á súa vez, un dos máis recoñecidos internacionalmente. Facer sushi na casa pode resultar realmente divertido! Así que che presentamos unha idea sinxela para que a poidas levar a cabo coa axuda dos teus fillos: o sushi sándwich!


Podes utilizalo, por exemplo, para unha merenda orixinal para os nenos ou a modo de canapés en calquera momento do día. O mellor é que se trata dunha receita rica en proteínas e que encherá aos nenos de enerxía. 



        
Ingredientes:
Pan de molde para enrolar
Tres cucharadas de maionesa
Unha cucharada de mostaza
Tres lonchas de xamón de York
Medio pepino

Fai un sushi sándwich en 5 sinxelos pasos:

  1.        Comezamos mesturando a maionesa coa mostaza. Reservamos. Estiramos o pan coa axuda dun rodillo, deixándoo máis fino (así resulta máis fácil enrolalo) e untamos a mestura anterior.
  2.         A continuación, cubrimos co xamón de York.
  3.        Cortamos uns palitos de pepino e colocámolos xusto no extremo do pan polo que imos empezar a enrolar.
  4.        Enrolamos con coidado, pero asegurándonos de que quede ben apertado.
  5.     Cortamos o noso rolo en porcións duns 2 cm de grosor aproximadamente e servimos.




Podedes variar os ingredientes ao voso gusto, por exemplo untar o pan con queixo, ou substituír o xamón por outro embutido do voso gusto ou mesmo salmón afumado. Usade a vosa imaxinación e crear o voso sándwich propio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.