O sábado pasado compartimos con vós un CÓMIC con motivo de levar un mes co noso xogo on line "Xaque ao virus" e hoxe, con motivo do DÍA DO LIBRO, queremos que nos fagades os vosos cómics, ca temática que queirades. Que voe a imaxinación, que sempre nos sorprendedes coa vosa inventiva!
Para elaborar os cómics deixámosvos uns modelos e unha pequena explicación dos diferentes elementos que os compoñen.
Cada páxina do cómic está composta por varios elementos, principalmente as viñetas, que son os recadros onde se atopan os debuxos e os diálogos.
Dentro das viñetas, ademais de atopar os debuxos, estarán os bocadillos, que conteñen as palabras dos personaxes. Temos diferentes tipos de bocadillos, aquí mostramos algúns:
Dentro das viñetas tamén se poden atopar os cadros de texto, que se empregan para darlle voz ao narrador. Un exemplo cunha viñeta de Zipi e Zape do escritor José Escobar:
Se vos fixades nesa viñeta tamén podemos ver unha onomatopea (PLAS!), que é unha palabra que se forma imitando sons reais. Deixamos outros exemplos de onomatopeas a cargo de Mortadelo e Filemón do escritor Francisco Ibáñez:
Outros tipos de onomatopeas:
Agardamos que vos animedes a mandarvos as vosas viñetas, non hai límite de tempo e sumarán algún punto extra para o cole!