lunes, 13 de abril de 2020

RETO !

RETO 10: 13 DE ABRIL DE 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Escáner visual"

Moi boas nenos e nenas!! Primeiro de todo darvos os nosos parabéns polo ben que o estades a facer en todos e cada un dos retos. Sodes uns auténticos campións e campioas!! Seguide así e, sen dúbida, conseguirémolo!! Xuntos podemos!!

No reto mental de hoxe, traballaremos a memoria, en concreto a visual

Para isto pediremos que algún dos nosos familiares nos axude e coloque enriba da mesa varios obxectos diferentes. O que queiran. É de libre elección. Teredes só 30 segundos (ou o tempo que consideredes posíbel)  para tentar memorizalos antes de que sexan retirados. 

Despois deste tempo tentaredes facer unha lista de todo o que había na mesa. Sumase 1 punto por cada obxecto lembrado.

GRAO DE COMPLEXIDADE:
Podemos empezar por algo máis sinxelo como dicir simplemente o que había. Se queremos que a cousa se complique, podemos engadir aínda un maior número de obxectos ou esixir que se especifique a orde ou lugar no que estaban colocados. 

VERSIÓN TÁCTIL:
Por outro lado, podemos traballar a memoria táctil intentando facer o mesmo pero cos ollos pechados, palpando un a un cada obxecto. 

A DIVERTIRSE!! 

EXEMPLO DE POSIBLES OBXECTOS


PROBA CORPO EN FORMA: "ESPÍAS"
Xa vemos que sodes capaces de facer todo, tócavos unha misión imposible. Esta vez seredes espías e tedes que preparar todo o terreo para realizalo.

O material que se necesita e cinta illante (con isto xa pode servir), unha pouca de corda ou fíos. A idea, facer un percorrido no corredor da casa poñendo a cinta ou a corda coma se foran raios láser que nos impidan chegar ao noso obxectivo coma parece na imaxe.




O percorrido e o número de cordas o elixes ti. Cantas máis cintas ou cordas menos doado é de facer. Os espías decidirán a dificultade desta misión. CONTO CON VÓS!!!



Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus



Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!