lunes, 6 de abril de 2020

RETO!

RETO 7: 6 ABRIL 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "CREA OS TEUS MALABARES"

Comezamos unha nova semana con vos!!!
Queremos convertervos en auténticos artistas de circo, por iso hoxe  propoñemos facer unhas bolas de malabares para poder practicar. Aquí vos deixo un vídeo de como facelas con globos e arroz, se non tedes estes materiais podedes usar calcetíns, botellas de plástico ou calquera outra cousa que pensedes. 



Contamos co experto malabarista Darío, que neste vídeo explica como comezar a facer malabares con pelotas, sigue as súas recomendacións, practica moito e chegarás a ser un gran malabarista.



PROBA CORPO EN FORMA: "O CIRCO"

Hoxe imos converter a túa casa na pista do noso circo, ti serás o noso artista. Contaremos coa presenza de trapecistas, equilibristas, malabaristas e auténticos animais adestrados. Únete ao noso espectáculo!!
  1.  Para dar comezo presentamos o desfile de cabalos: Da saltiños dun pé ao outro subindo os xeonllos imitando o trote do cabalo, e fai un percorrido pola pista central do teu circo durante 30 seg.
  2.  Damos paso ás ras saltarinas: Agáchate cos brazos entre as pernas como unha ra e salta desde esa posición estirándote e volvendo despois á mesma posición de ra. Debes facelo 10 veces para completar a actuación.
  3.  A continuación chegan á pista do circo os trapecistas: Necesitas unha cadeira, séntate de lado e levanta as dúas pernas á vez que baixas o corpo quedando estirado cara arriba e mantén esta posición de equilibrio 10 seg.e repíteo 5 veces. Agora fai o mesmo cara abaixo, sube as pernas e mantén o corpo estirado cos brazos en cruz apoiado sobre a barriga, aguanta 10 seg. e repíteo 5 veces.
  4.  Agora chega o momento dos equilibristas: Coloca no chan unha cinta, corda ou cinto, camiña sobre el cun pé diante do outro pisando enriba da cinta avanza cara adiante e despois volve cara atrás, faino 3 veces. Parado  sobre a cinta mantén o equilibrio sobre un pé cos brazos en cruz 10 seg. Fai o mesmo sobre a outra perna. Os equilibristas máis expertos poden intentar estirar a perna atrás e aguantar o equilibrio nesa posición.
  5.  Para rematar tócalle a quenda aos malabaristas: Practica cos teus malabares, intenta facelo o maior tempo posible.

LEMBRA QUE SE QUERES QUE PUBLIQUEMOS O TEU RETO NO BLOG PULSA AQUÍ: https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9    

Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus

Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.