miércoles, 1 de abril de 2020

RETO !

RETO 5: 1 de abril de 2020

PROBA MENTE EN FORMA: "Muíño de vento"


Hoxe propóñovos facer un colorido muíño de vento, que vós podedes utilizar para adornar calquera recuncho da vosa casa, xanelas e balcóns.

MATERIAIS:
Un folio ou unha folla de papel algo consistente, unha palla de plástico, un alfinete ou unha chincheta, dous anacos de cortiza ou dous anacos de goma de borrar.
MANS A OBRA:

  
Podedes  decorar o papel o usar papel de cores ou cartolinas.
Aquí tedes o que fixen eu, adorna a miña xanela.




PROBA CORPO EN FORMA: "O chan é lava"

Para esta parte do reto, imaxinaremos que o chan da nosa casa é lava e non podemos deixar de bailar para evitar queimar os nosos marabillosos pés. Para isto, intentaremos aprender o famoso baile de pés que tan viral se fixo polo mundo das redes sociais. 

Para logralo, empeza vendo o vídeo titorial que vos deixamos a continuación que explica todo paso a paso, buscade ao voso acompañante e moito ánimo, a divertirse!!


"Para gozar de algo non tes por que facelo perfecto"


Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
                      1 vídeo = 10 antivirus


Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!