RETO 9: 10 DE ABRIL DE 2020
PROBA MENTE EN FORMA: "Efecto espello"
Moi boas nenos e nenas!! Como imos de memoria e de atención? No xogo que vos expoñemos hoxe, resultará fundamental e imprescindible traballar ambas capacidades mentais.
Para levar a cabo este pasatempo precisaremos de dous requisitos. Por unha banda, dous participantes dispostos a dalo todo e, pola outra, dúas plantillas como a que podemos observar na seguinte imaxe.
Estas plantillas están formadas por varios papeis de cores colocados en diferentes posicións enriba dun folio base de cor branca. Apañaremos co que temos na casa polo que, se non dispoñemos de cartulinas de cores, podemos pintar un folio calquera de esa mesma cor ou mesmo escribir o nome de cada unha delas. SINXELO!!
Unha vez rematadas podemos comezar co xogo, cada xogador colocado detrás da súa respectiva plantilla. Primeiro asignarase o rol que debe de desempeñar cada un: iniciará un deles (emisor) que será o que realice unha serie de movementos sobre a plantilla que o compañeiro (receptor) deberá de memorizar para despois poder repetirlos no mesmo orde e do mesmo xeito (coa mán, co pé, co xeonllo, co cóbado, etc). Estes roles irán rotando cada dous turnos. Podedes facer infinitas combinacións e ir de menor a maior complexidade (2 movementos, 4 movementos, 6 movementos, etc). Tedes un exemplo no video que vos deixamos a continuación.A DIVERTIRSE!!
PROBA CORPO EN FORMA: "ACROSPORT EN FAMILIA"
Xa que vemos que sodes moitas persoas na casa facendo estas probas. A seguinte proba será moi difícil, pero primeiro faremos o quencemento para ter o corpo listo para o reto.
Mobilidade articular das partes do corpo, estando de pé. Cada exercicio son 10 segundos cada perna.
Exercicio 1.- Rotación dos nocellos.
Exercicio 2.- Xeonllos arriba e abaixo.
Exercicio 3.- Rotación de xeonllos.
Exercicio 4.- Rotación de cintura, tanto cara un lado coma cara ao lado oposto.
Exercicio 5.- Brazos cara diante e brazos cara atrás.
Exercicio 6.- Brazos arriba/abaixo e brazos cruzados.
Exercicio 7.- Cabeza arriba/abaixo e cabeza dereita/esquerda.
Exercicio 8.- Xiros lentos ca cabeza, tanto cara un lado coma cara ao lado oposto.
Agora que rematamos ao quencemento, xa estamos listos para comezar ao verdadeira proba, a cal é facer ACROSPORT. Tes que imitar as seguintes imaxines e facer as figuras coa axuda da túa familia.
Podes elixir unha figura, dúas figuras ou tódalas figuras.
1º Reto (2 persoas).
2º Reto (3 persoas).
Puntuacións: 1 foto = 1 antivirus
1 vídeo = 10 antivirus
Recordamos que hai puntos extra se aparece algún familiar ou compañeir@ con vós nos vídeos, aínda que non estean anotados nas actividades extraescolares, isto é para pasalo ben todas e todos, para seguir en contacto e facer todo máis ameno!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.