sábado, 25 de abril de 2020

ZOOM

Xa levamos un tempiño sen vernos así que... tivemos unha IDEA!

Trátase de facer unha pequena videochamada, para deste xeito poder vernos as caras e falar un chisco entre nós.

Queremos considerar dous tipos de reunións:

  1. Unha reunión de cada educador e educadora co seu grupo de actividades extraescolares, onde poder poñernos ao día e facer algunha actividade.
  2. Unha reunión aberta a todo o alumnado, apuntados ou non en actividades extraescolares, que queira participar, tamén con algunha actividade.

Se vos fai ilusión e vos interesa participar facédenolo saber por correo electrónico, para así nós poder organizalas. Daremos novas pautas e avisos con entradas no blog e a través do correo a toda a xente interesada!

fapasjuanfdezlatorre@gmail.com

Empregaremos unha app que se chama ZOOM seguro que moitos xa a coñecedes.
 
Só tedes que descargala, importante que sexa sempre a última versión e da páxina oficial, nun teléfono, tableta ou ordenador e LISTO! Para participar nas conferencias non é necesario rexistrarse.
LINK DE DESCARGA OFICIAL ZOOM 


A participación nas videochamadas tamén nos dará antivirus para o noso colexio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.